Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 30 de marzo de 2015

Candidatura da CIG á Xunta de Persoal Funcionario o 16 de abril

O vindeiro día 16 de abril, o persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza ten a oportunidade de exercer o seu dereito ao voto nas eleccións sindicais.

Todas e todos os que estamos chamados a votar temos que decidir que tipo de representación queremos. Queremos un sindicalismo combativo que se poña enfronte da Administración? ou acaso queremos un sindicalismo conformista, que busque solucións de despacho, inactivo, pasota e que estea a velas vir? A CIG opta pola primeira vía, pola firmeza na defensa dos Servizos Públicos e dos dereitos do seu persoal, pero tamén pola unidade de todas e todos, tal e como levamos demostrando dende a presidencia da Xunta de Persoal durante estes catro anos.

A CIG é un sindicato integrador, onde todo aquel que defenda uns Servizos Públicos ten cabida. Cremos na participación, non nos dá medo a xente, e cremos no que facemos porque so no camiño da reivindicación, do traballo diario, da coherencia e do compromiso podemos reverter todos e cada un dos recortes que levamos sufrindo durante estes últimos anos.

Temos que recuperar o perdido, pero temos que ter claro que non nos van regalar nada e, se non pelexamos, con nada nos quedaremos.

Por iso, presentámosvos a candidatura da CIG, a cal está conformada, logo dun proceso previo democrático de primarias, por unha proposta plural que representa, toda unida, un sindicalismo de clase e combativo, que loita pola defensa dos dereitos do persoal funcionario e por uns Servizos Públicos Galegos e de Calidade e con clara vocación de servizo á cidadanía.

A CIG é un sindicato que representa o incoformismo co sistema actual e que quere loitar por cambiar as cousas. Somos persoas que, como todas e todos, temos defectos, pero que dende a honradez e a modestia queremos ser a plataforma que represente os teus intereses como traballador e traballadora do público. Porque cremos que as cousas se poden facer de outro xeito.

Por todo isto, pedímosche o voto o día 16 de abril, para as persoas que formamos a candidatura da CIG.

COA CIG, TI TES VOZ

1. Anxo Anta Rodríguez
2. Antonio Fernández Domínguez
3. Alexandre Pérez Queiro
4. Ana María Buján González
5. María Pilar de Celis Getino
6. Xosé Ramón Vázquez Rodríguez
7. Fulgencio Fernández Martínez
8. Concha Lopes Outeiro
9. Mónica Iglesias Leis
10. Antonio Luis Sánchez Lojo
11. José Luis Ventoso Sieira
12. Ana María Prieto González.
13. Xosé Manuel Magariños Rguez
14. Fernando Chao Garza
15. Suso Tarrío Peón
16. Xoán Manuel Fernández Bello
17. Juan Manuel González Moure
18. Carme María Vidal Reimúndez
19. Moncho Carballeira Freire
20. Manuel González Fez De Tejada
21. Olivia Vega Tato
22. María Margarita Álvarez Castro
23. Lourenzo Varela Ferro
24. Manolo Díaz López
25. Xosé Manuel Cornes Suárez
26. Anxos Álvarez Angueira
27. María Lorena Costas Colmenero
28. María Pilar Doniz Amor
29. María Xesús Miramontes Castro
30. Mariña Conde Iglesias
31. Jorge Faya Saavedra
32. María Jesús Díaz Lorenzana
33. Antonio Ángel Chenlo Angueira
34. Xosé Luis González Ares
35. Susana Fernández Gutiérrez
36. Xosé Manuel Méndez Bieites
37. Mª Amparo Gómez Novo
38. Roberto Antelo Vilas
39. María Elvira Fernández Doval
40. Antonia Lorenzo Fernández
41. Federico Pinal Moreira
42. Aurora Martínez Otero
43. María Angustias Precedo Castro
44. Francisco Xavier Salvado Cibes
45. Xosé Manoel Pérez Dadín
46. María Ángeles Domenech Presa
47. Baltasar Alcalde Domínguez
48. Ana María García Cao
49. María Carmen López Santamariña
50. María Luisa Cela Castro
51. Juan José Rey Rodríguez
52. Cristina Naveira González
53. Constante Pérez Soliño
54. María Feás Limes
55. José Antonio Baliñas Pazos
56. Marta Belén Castro González
57. Roberto Díaz Rey
58. José Luis Pardo Núñez
60. José María Puente García
61. Josefa Pérez Vidal
62. Juan Rodríguez Otero
63. Gerarda Blanco González
64. Alfredo Crespo Arias
65. María Nogueira Albardonedo
66. Ramón Jesús Santos Rodríguez
67. Manuela Ferreiro Couso
68. Manuel Calviño Iglesias
69. Bruno Rey Simóns





Ningún comentario:

Publicar un comentario