O orgullo amosáo a Secretaria de Estado para as Administracións Públicas (SEAP) e o refrenda La Voz de Galicia. A SEAP vén de sacar unha nota que di textualmente que "Os empregados públicos son 2.522.631 no conxunto das AAPP, 163.206 menos (-6,08%) que en xaneiro de 2012". Este "requilibrio", din desde o Estado, "fai posible" elevar a taxa de reposición do 10% ao 50% (en certos casos), o cal quere dicir que van seguir destruínido emprego público pero a un ritmo menor.
Sobre o número de persoal público tense discutido moito, sobre todo no ano máis duro dos recortes (2012). Desde certos medios, e certos membros do Goberno, lanzaron mensaxes continúas de que o exceso de persoal nas Administracións, e o execeso dos nosos dereitos, lastraba a saída da crise. Primeiro, a casta nos tildou de "privilexiados", precisamente a casta, e logo falaron que era necesario "racionalizar" e "modernizar". Xa tiñan preparado o terreo para a estafa; recortar nas Adminstracións para logo privatizar os servizos públicos nunca foi tan fácil.
Agora ben, é certo eso de que "sobra" persoal? E se sobra por que elevan agora a taxa de reposición? Como sempre o de que sobra depende de onde, para que e comparados con quen. Está claro que hai servizos onde falta porque aparecen todos os días nos medios ou palpamos os seus efectos nas nosas carnes: listas de agarda en sanidade, saturación de hospitais, aumentos de alumnos por clase, colas nos servizos sociais, redución de prazas en centros públicos de benestar, aumento do fraude fiscal, etc. son indicios evidentes de que falta persoal público para facerlle fronte a estes desafíos.
Se o comparamos co resto da UE, a propia Voz de Galicia recoñecía que España era en 2013 o 4º estado membro con menos persoal público respecto á súa poboación. Poderíase comparar tamén co % respecto á poboación activa (sobre o 11%). Pero é que o que habería é que comparalo con respecto ao PIB. Ollo, non comparar o gasto público total (que aquí meteríase por exemplo gastos como os rescates a banca e xuros) senón comparar o gasto público social con relación ao PIB.

Neste último caso, o estado español xa estaba no 2010 en gasto social por debaixo do que lle correspondería polo seu PIB, como recordaba o prestixioso economista Vicenç Navarro. Precisamente nese ano, a austera Alemania tiña máis traballadores públicos por habitante que o estado Español.
Afrontar a prestación de servizos públicos con menos persoal público, nun escenario no que a cidadanía ten unhas carencias que a fai necesitar deles máis que nunca nos últimos anos, implica unha atención nula ou deficiente, cando non unha interesada privatización. E xa sabemos que daquelas privatizacións, aparecen logo esas comisións, eses pagos en negro ou esas portas xiratorias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario