martes, 15 de setembro de 2015

Resumo da reunión co conselleiro de Facenda: “A Xunta de Galiza limítase a seguir as instrucións que recibe do Estado español en materia de servizos públicos"

Non hai intencion de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Galiza ao seu persoal, nin recuperación das extras completas, nin recuperación do 100% retribucións en situación de IT dendo primeiro día, entre outras.


O conselleiro de Facenda adiantou o luns, 14 de setembro, que a Xunta de Galiza se limitará a trasladar ao persoal que dependa da Xunta de Galiza os contidos dos decretos establecidos polo goberno español. A Mesa xeral que está convocada para martes, 15 de setembor, tan soio abordará o pagamento do 25% da paga extraordinaria adebedada do ano 2012, pagamento que, segundo palabras do conselleiro podería ser efectivo no mes de novembro ou decembro de este ano. Xunto a esto efectifizarase un dia de asuntos propios que se poderá disfrutar este ano 2015.

En canto aos días adicionais de permiso por asuntos propios e de vacacións por antiguidade, a Xunta de Galiza convocará mesa de negociación proximamente.

Avance Orzamentos Xunta ano 2016:  Pagamento 50% paga extraordinaria adebedada do ano 2012 e trasposición do contido dos rzamentos xerais do estado  (1% subida salarial; taxas de reposición 100% servicios esenciais, 50% resto de servizos) .

Non hai intencion de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Galiza ao seu persoal, nin recuperación das extras completas, nin recuperación do 100% retribucións en situación de IT dendo primeiro día, nin restitución da xornada laboral modificada a diferentes colectivos....

Recordamos que as politicas salairaias ata o ano 2015, en canto a perda de poder adquisitivo dos/as traballadores das administracións públicas galegas elévase a máis do 30% dende o ano 2010.

Consideramos que o goberno da Xunta de Galiza e a súa Adiministración está a realizar unha politica de cara os servizos públicos que vén  dominada polas intruccións que recibe do estado español, ignorando completamente cal é a realidade que estar a soportar e sofir os seus servizos públicos e o seu persoal.

Fóra de esto o conselleiro dixo que ten intención de abrir negociacións en canto: ofertas de emprego público anuais aprobeitando as taxas de reposicións que levaran os presupostos do ano 2016; procesos de funcionarización do persoal laboral (como xa se fixeron en algunhas universidades galegas) e volve a falar de retribucións (non aclara nada despois do que di sobre as mesmas para o ano 2016).

Consideramos que estas últimas medidas se adoptan co obxectivo de facer unha convocatoria de emprego público para “lavar a cara do PP de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro ano e como parte da campaña electoral de Feijóo”. Unha convocatoria que entenden que “non servirá para dotar do persoal necesario os servizos públicos para garantir o seu axeitado funcionamento, logo do que se leva amortizado nestes últimos anos” (5000 empregos públicos desde o 2010 ata 2014).

En función dos resultados das eleccións xerais, e se veñan aproximando as do noso país a finais do ano que vén, seguramente poida caer algunha outra regalía e mesmo deixen de lado eso de "limitarse a seguir instrucións do Estado" como se aquí non tiveran capacidade lexislativa propia como por exemplo, para quitarnos as pagas extras completas. Unha das Administracións "con mellores datos macroeconómicos" e unha das únicas nas que o seu persoal non cobra as pagas extras completas.

AS PAGAS EXTRAS QUERÉMOLAS COMPLETAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario