Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 16 de xuño de 2015

Case 2 millóns de € en convenios da Axencia de Turismo coa Igrexia Católica

No DOG do 15 de xuño publícanse os convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2015. Coma sempre botamos en falta algo máis de información que o nome do convenio, a súa data de sinatura e o custe económico. Aí remata toda a transparencia e neste tipo de gastos é ben necesaria dada as cantidades de diñeiro que fluen por esta vía e a polémica da súa xestión.

Nestes convenios vai destinados 1.814.025€ en diferentes convenios para a Igrexia Católica nas súas diferentes formas (dióceses, fundacións). O premio gordo vai para a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación Asilo de Carretas e a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela. En total son 1.550.000€ dos cales o 80% está cofinanciado con eses fondos que parecen infinitos e que encheron de cemento o noso país: os Feder.


Desde logo, a Igrexia Católica tendo en conta que se atopa exenta de pagar varios impostos e as súas aventuras na bolsa non parece dos organismos máis necesitados para que cos cartos de todas e todas paguemos a rehabilitación dos seus edificios.  Se non poden manter as súas propiedades de valor histórico ou artístico, das que moitas veces se fai pusuidora de xeito polémico, esas propiedades deberían pasar a mans públicas. 

Pola contra, crean sociedades ou fundacións para a súa explotación e nutrirse de fondos públicos sen que paguen impostos como o IBI, o de sociedades ou ata o IVE das entradas. E logo non hai cartos para vacinas ou tratamentos médicos...

Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario