O persoal peor tratado en toda a Xunta de Galicia é o persoal que traballa a quendas nos centros da Consellería de Traballo e Benestar. Isto ocorre dende o ano 2012 no que a Xunta de Galicia quitou o artigo 19 e deixou a este persoal cunhas quendas machacadores de traballar dous domingos sí, un non, dous sí, un non......tres noites consecutivas, sete días consecutivos.....
E a este persoal que é o peor tratado da Xunta de Galicia, non se lle aplica a reducción de xornada nos meses de verán que se lle aplica ao persoal que traballa de luns a venres na mesma consellaría, nos mesmos centros.
Isto é o que é difícil de entender: que o Persoal peor tratado pola Consellería de Traballo e Benestar non reciba o mesmo trato que teñen outr@s compañeir@s.
É difícil entender a actitude da consellería coas traballadoras e traballadores que teñen os peores quendas. Por qué esa discriminación? Co fácil que é facer unha acumulación horaria de quen traballa a quendas e despois descontar as horas traballadas xa estaba resolto pero a Consellería non quere. E non quere porque quere deixar claro que manda ela. Non importa que as traballadoras e traballadores estean esgotados por culpa das súas quendas. O que importa é deixar claro quen manda: unha consellería dictadora.
Unha consellería que non lle importa que no verán, a época máis difícil de traballar, non cubra máis da metade das baixas e máis da metade das vacacións. Unha consellería que non lle importa o deterioro que está a provocar nos centros públicos que son os que mellor tiña que atender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario