O persoal funcionario pedíalle vai menos de dúas semanas ao máximo responsable do Goberno galego negociar o modelo da súa promoción interna, non impoñelo. O único que fixo o Presidente da Xunta foi "aparentar" que eran razonables pero cos seus actos demostran que este Goberno non o é.
Os feitos foron os seguintes: o venres 5 de xuño ían ir xa para aprobar a unha comisión de Persoal uns borradores que Función Pública pretendía impoñer sen atender ao berro unánime dos sindicatos en nome do persoal funcionario pedindo negociar. A Xunta de Persoal interceptou ao Presidente da Xunta tralo Consello o 4 de xuño e pediulle que parase tal aberración. Ao día seguinte suspenderon a Comisión de Persoal e prometeron negociar outro modelo.
O martes 9 remitían outro modelo que dicían era o do 2004 pero que non se parecía en nada para os subgrupos A1 e A2 e daban ata venres para presentar alegacións. Os sindicatos presentaron as seguintes alegacións conxuntas e ese mesmo día recibían convocatoria para unha vindeira Comisión de Persoal o 16 de xuño. Xunto con esa convocatoria veñan uns borradores extacatemente iguais que os quemandaron o día 9. Tamén enviaron a convocatoria dunha reunión previa o día 15 co director xeral da Función Pública.
Sr, director, hai máis modelos fóra da Xunta, pódese apreciar avances na supresión do 3º exercicio para o A2 ou do establecemento dun segundo tipo test para o C1, pero hai que seguir traballando e buscar un modelo obxectivo e transparente que garanten os test e primen os coñecementos e non exclusivamente a sorte que garante ter un temario pechado de normas concretas e non un temario aberto que non está publicado en nigures.
Con estas propostas o que van provocar é deixar vacantes prazas, o cal é unha inmoralidade tendo en conta a nula carreira profesional que tivo o persoal funcionario desta administración e a irregularidade nas convocatorias da promoción interna. Que interese oculto ten en dificultar, xa non o aprobado, senón a preparación dos subgrupos A1 e A2? A que presións está sometido para blindar o acceso a estes subgrupos? intereses políticos ou tan só corporativos?
O Goberno da Xunta, e por delegación o seu director xeral da Función Pública, non está sendo razonable e o saben. Prefiren sucumbir a presións corporativas e intereses políticos.
Documentos relacionados:
- Convocatoria de reunión previa á Comisión de Persoal (15 de xuño)
- Convocatoria da Comisión de Persoal (16 de xuño)
- Borradores promoción interna para Comisión de Persoal
- Alegacións unificadas das organizacións sindicais
Ningún comentario:
Publicar un comentario