No PP non teñen un problema de comunicación, teñen un problema de non saber diferenciar a realidade e a ficción.
O director xeral da Función Pública manifestou neste derradeiros días ensede parlamentaria que por mor dos recortes sufridos co Goberno do Partido
Popular non se incrementou o número de sinistros nin se destruíu emprego
público.
Pois ben, dende a CIG queremos rexeitar estas afirmacións con
datos que demostran que o Partido Popular falta a verdade cando fai estas
manifestacións.
No derradeiro ano 2014, o 45% dos accidentes laborais e das baixas por
enfermidade profesional foron na Consellería de Traballo e Benestar e máis
concretamente na Área de Benestar e, diste 45%, o 85% foron baixas por sobre
esforzo. A maiores destes datos que falan por si mesmo, manifestar que as
categorías máis afectadas polos mesmos, nunha porcentaxe que chega a máis do
90% afecta as categorías de atención directa ao usuario, é dicir, Auxiliares de
Clínica, Coidadores/as e Camareiros/as-Limpadores/as.
Estes datos de tan alta siniestralidade laboral directamente relacionados
cos sobre esforzos veñen dados pola diminución de efectivos nun número moi
elevado.
Pero non só este número de efectivos diminuíu, senón que
no ano 2011 estaban a traballar máis de 800 persoas en acumulación de tarefas,
é dicir, 800 efectivos máis que se reducen, algo que non dí o director xeral e que suman
unha perda de persoal na área de benestar da Consellería de Traballo
de máis de 1400 traballadores e traballadoras.
Istos son os datos reais da situación que están a sufrir os traballadores e
traballadoras da Consellería de Traballo e Benestar, polo que dende a CIG
esiximos a reposición de todo o Convenio Colectivo suspendido unilateralmente
polo Partido Popular e, en especial, o artigo 19 de dito convenio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario