Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 8 de xuño de 2015

Comisión de Persoal do 5 de xuño: ábrese nova negociacion promoción interna e horario de verán

A esta comisión de persoal ía como único tema as 4 bases de convocatoria da promoción interna de corpos xerais de persoal funcionario (A1, A2, C1 e C2). A postura mantida tanto polo persoal funcionario como pola súa representación era a negociación dun modelo que fose de promoción interna non a imposición dun modelo adaptado de acceso libre.

Como xa tiña anunciado previamente ao comezo da Comisión, o director xeral de Función Pública confirma que non se van votar estes borradores e que abre un novo proceso negociador co fin de chegar a un acordo coa representación do persoal. Para a semana que vén convocarán unha mesa de negociación.

Como cambios concretos, a parte do modelo ao que finalmente se chegue, anuncian que no A1 o tempo do primeiro exercizo pasa de 100 a 120 minutos e no A2 o primerio exercicio pasa de 80 a 100 minutos.

Sobre o modelo en contreto hai unha forte oposición do director xeral da Función Pública a que sexa semellante ao da última convocatoria de 2009 pero quedan abertos a estudar outros modelos, sen ir moi lonxe, teñén aí os das convocatorias de 2007.

Horario de verán
Na Mesa Xeral do martes, 9 de xuño, confirmarán se manteñen as instrucións do ano pasado e sobre a viabilidade de posibles compensacións para o persoal que ten un horario distinto ao ordinario de mañán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario