Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 18 de xuño de 2015

Últimas actuacións e acordos do Pleno da Xunta de Persoal do 16 de xuño

Tralo primeiro Pleno ordinario de consitución da nova Xunta de Persoal, realizouse un segundo Pleno cargado de puntos de interese que na súa maioría foron aprobados por unanimidade (lei de emprego público, concuso, comisións de servizo, flexibilidade...). Tamén se deu conta das últimas actuacións levadas a cabo desde a Comisión Permanente.

Lei de emprego público:

Acórdase realizar un pronunciamento en contra desta lei dada a recén entrada en vigor, dado como se impuxo e o lesivo que resulta tanto para os intereses, especialmente do persoal funcionario da Xunta, ao que se lle aplica de cheo, como para a prestación obxectiva dos servizos públicos.

Acórdase tamén crear un grupo de traballo propio co fin de desenvolver unha campaña de información e mobilización con relación a esta lei entre o persoal funcionario dos Servizos Centrais. Así mesmo este grupo vixiará de preto as convocatorias dos mal chamaos "concursos específicos" dado o seu alto nivel de discrecionalidade.


Comisións de servizo:

Mantense o grupo de traballo creado o ano pasado co obxecto de seguir vixiando o cumprimento da escasa normativa e denunciar ante o director de Función Pública. Tamén se lle encomenda reiterar o escrito de petición da regulación obxectiva do procedemento da súa concesión.

Por outro lado, asume este grupo de traballo tamén as compentencias do anterior grupo de "asistencias técnicas" co fin de estudar as denuncias concretas achegadas polo persoal funcionario, tendo en conta o baixo número de denuncias recibidas os últimos 4 anos.

Campaña da dignidade da empregada e empregado público

Esta campaña foi deseñada para dignificar a figura da traballadora ou traballador público que facemos posibles servizos públicos fóra do arquetipo da sanidade e educación e que afectan á vida diaría da cidadanía. Parte importante desta campaña foi a venta das camisetas da "marea azul" e máis a exposición da dignidade cuxo contido xa está elaborado e só resta a súa impresión e organización da exposición en sitios públicos que achegue a importancia nas súas vidas do noso traballo á xente.

Dado que esto quedou paralizado, acórdase cordinarse co Comité de Empresa dos Servizos Centrais e executar o gasto da impresión dos cartaces na imprenta nun prazo máximo dun mes co obxecto de liberar os cartos sobrantes para a acción social elixida marioritariametne en asemblea. Recordar que se elaboraría tamén un  último cartaz de como se fixo posible: de onde veñen os cartos e a onde vai o que sobra.


Concurso de traslados de corpos xerais

Acórdase solicitiar un concurso aberto permanente. Cómpre recordar que tecnoloxicamente é posible, axilizaríaa o dereito de mobilidade do persoal funcionario e crearía menos problemas na Administración, á vez que acabaría coa problemática das comisións de servizo. O director xeral da Función Pública leva 6 anos falando de implantalo.

Acórdase requerir ao director xeral da Función Pública para que evite o abuso da Disposción Transitoria 3ª da Lei de emprego público sobre a reserva do posto obtido por concurso para o persoal que estea ocupando postos de nivel equiparable a subdirección. Esa disposición está pensada para o persoal que sexa nomeado con posterioridade á entrada en vigor da lei, non para o que xa estaba nomeado antes.

Acórdase requerir á Función Pública que evite os abusos da figura do "concurso específico" como método de provisión nos postos de nivel inferior á xefatura de servizo e denunciar a súa configuración como unha libre designación encuberta.



Flexibilidade horaria

Acórdase presentar unha proposta de cambios con relación á normativa de flexibilidade horaria para que sexa negociada no ámbito competente. En concreto faláronse das seguintes melloras demandas polo persoal funcionario dos Servizos Centrais: bolsa de horas positivas no Kronos para o mes seguinte, flexibilidade os venres pola tarde, flexibilidade nas quendas de tarde e flexibilidade compatible co horario de verán.



Defensa e normalización do galego na Xunta

Acórdase enviar un escrito á Secretaría Xeral da Política Lingüística, de AMTEGA e da EGAP co obxecto de dar cumprimento á Lei de normalización lingüística e ao Estatuto de Autonomía respecto ás obrigas da Xunta. Neste escríto denunciase que hai cursos da EGAP que só son impartidos en castelán, así como que o sofware instalado por defecto na Xunta vén sendo na súa versión en castelán ou queda ao albur do persoal informático. Tamén se solicita que se impulse a tradución de programas que utilice a Xunta que únicamente teñan a súa versión en castelán.


Solicitude de información de RPTs e comunicación co persoal funcionario

Acórdase enviar un escrito á Dirección Xeral da Función Pública no que se lle solicitará en soporte de folla de cálculo ás RPTs coa indicación dos postos que están vacantes/non vacantes e que esa información sexa actualizada e feita pública en aras da transparencia e co obxecto de facilitar o dereito á mobilidade e á información do persoal funcionario dos servizos centrais.

Por último, acórdase tamén solicitar, dentro do dereito que lle asiste a este órgano de representación, unha listaxe de distribución de correos electrónicos do persoal funcionario dos Servizos Centrais, que ten de man a AMTEGA, para poder comunicarse de xeito directo e inmediato e sen censura previa co persoal que representa. Actualmente esta información ten que ser difundida indirectamente polas seccións sindicais xa que non se lle facilita acceso aos órganos de representación.



Varios

Acordouse por unanimidade apoiar a concentración convocada polo Comité Intercentros para o día 23 de xuño en San Caetano e facer un chamamento ao persoal funcionario dos Servizos Centrais para que acuda a este acto de protesta na defensa dos lexítimos dereitos do persoal laboral.

Aparcadoiro fronte a San Caetano: acórdase dirixir escrito a Presidencia solictando de novo o libramento das prazas de aparcamento bloquedas por "motivos de seguridade" fronte a Facenda e Presidencia. A motivación é que estes días pasados houbo un curso de policía autonómica e as persoas asistentes aparcaron nesta zona de seguridade, non para facer tarefas de seguridade senón porque era máis cómodo para asistir ao curso. O caso é que esto demostra que non pasa nada e que unha empregada ou empregado público pode aparcar nesa zona por motivos que non sexan de seguridade.


Outras actuacións a través da Comisión Permanente

  • Amaño de deficiencias San Lázaro: solicitude de asfaltado da rampa de acceso ao aparacadoiro exterior fronte á entrada da Consellaría de Traballo da que saltan pedras cando suben e baixan os coches e recolocación da garita de seguridade do aparacadoiro soterrado desta consellaria que non ten boa visilidade para os coches que circulan por alí.
  • Receitas médicas: Solicitude de persoal médico que expida receitas no Servizo Médico de San Lázaro e máis da implantación da receita electrónica tamén no Servizo Médico de San Caetano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario