NOTA DE PRENSA CONXUNTA DE CIG-CCOO-UXT-CSIF
A Consellería do Medio Rural segundo a nota de prensa do 12 de xuño do Correo Galego, sobre o lume sufrido no concello coruñés de Lousame onde arderon 28 has, afirmou o seguinte: “La Xunta refuta a denuncia dos sindicatos, asegurando que en Lousame las brigadas helitransportadas acudiron en helicópteros”.
Os Axentes Medioambientais pídenlle a Xunta de Galicia que deixe de contar mentiras en relación os incendios forestais e que conte a verdade.
Os Axentes Medioambientais afirman que, como no seu día denunciaron na nota de prensa enviada os medios que “las brigadas helitransportadas tuvieron que desplazarse hasta la zona cero en vehículos”.
O día do lume de Lousame a brigada que se desprazou ó lume en helicóptero foi a brigada de Toén (con base na provincia de Ourense), brigada pertencente a empresa privada Natutecnia, pola contra a brigada que se desprazou en vehículo todoterreo foi a brigada helitransportada de Campiño (con base en Pontevedra) dita brigada pertence a Consellería do Medio rural. Se a base da Xunta estivese operativa o día do lume a catástrofe sería menor, posto que o tempo de chegada do helicóptero sería moito máis curto.
Os Axentes Medioambientais non entenden porque desde a Secretaría Xeral do Medio Rural se minte descaradamente á opinión pública, e denuncian que se están desmantelando os servizos públicos, para favorecer as empresas privadas, posto que mentres as brigadas propias da Xunta carecen de medios aéreos, outras pertencentes a empresas privadas dispoñen de helicóptero.
O Executivo galego no Plan de Incendios de Galicia (PLADIGA) de 2015 establece que nesta época de perigo de incendios terá dispoñibles 8 helicópteros, dos cales só está activo un. Salientamos, con respecto ó uso dos helicópteros do Ministerio de Medio Ambiente, que na actualidade a base de Laza (Ourense), a única que o Ministerio ten en Galicia, tamén carece de helicóptero.
Os Axentes Medioambientais están de acordo coa consellería en apostar por concienciar a poboación sobre os valores e defensa do monte, e seguirán na súa labor de divulgación medioambiental impartindo e sendo os encargados das charlas informativas que con moita vocación e entusiasmo imparten a máis de 11.000 alumnos de primaria e secundaria de colexios de toda Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario