Hai exactamente unha hora, ás 16 e cuarto, acaba de ocorrer outro accidente no CAPD Coruña. Xusto a esa hora, e tal como amosan as fotos, caeronse tres placas de escaiola no office onde fregase a louza, e ca enorme sorte de que as placas non golpearon a nengunha das Camareiras que estaban traballando alí nese momento.
No espazo dun ano caeronse 4 veces placas de escaiola ao carón da Lavandería -a última o 24 de maio- e hoxe por primeira vez xa caen placas de escaiola noutra parte cas conseguintes fugas de auga, e coa sorte sempre de que non golpearon a Camareiras que estaban traballando alí.
Hai unha clara explicación:
A política de recortes económicos que leva a Consellería de Traballo e Benestar conleva que non se fan as obras de Mantenimento que hai que facer, pero a política de recortes económicos non pode conlevar a que as traballadoras e traballadores esteamos en situación de risco no traballo, algo fundamental que debe evitar o Director do Centro e que leva fracasando caída tras caída de escaiola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario