Para os efectos de vacacións o sábado era día inhabil na anterior Lei de función pública. A nova Lei de emprego público considera tamén como inhábiles os sábados para os efectos dos permisos por falecemento, accidente ou enfermidade grave, sen prexuízo das adaptacións que se estabelezan para o persoal con xornadas especiais de traballo.
Acabouse a intepretación ilóxica fomentada por Traballo e Benestar que ao coller este permiso cun sábado de por medio, independentemente que tiveses que traballar ou non, contaba como día de permiso. Foi tal a presión desta consellaría que Función Pública chegou a ditar unha aclaración neste sentido, dándolle a razón a Traballo e Benestar. Dado que xa non se considera hábil para o gozo deste permiso, se non se traballa o sábado, non conta. Así pois, esa aclaración de Función Pública xa non ten vigor.
O que falta agora é a adptación para o persoal con xornadas especiais. A redación actual está posta para o persoal quen ten o descanso semanal sempre en sábados e domingos. E que pasa co persoal que traballa a quendas cando o descanso semanal pode ser luns-martes; martes-mércores, etc?
Por iso esta redacción ten que adaptarse ao persoal que traballa a quendas, aspecto que contempla a segunda parte do artigo 108.3 cando dí, "SEN PREXUIZO DAS ADAPTACIÓNS QUE SE ESTABLEZAN PARA AS XORNADAS ESPECIAIS DE TRABALLO".
Ningún comentario:
Publicar un comentario