Asisten pola Administración o director xeral da Función Pública, a secretaria xeral da Consellería e os diferentes subdirectores. Descargar documentación entregada durante a xuntanza.
Empeza a reunión entregándonos unha documentación que consiste nun folio onde o máis salientable é que se propoñen a dotación de pluses que xa foron negociados na mesa correspondente o 12 de maio de 2015 e a creación de 4 terapeutas ocupacionais a media xornada (outra forma de precarizar o emprego).
Comeza a reunión o Director Xeral da Función Pública manifestando que a situación económica da comunidade autónoma non permite a reposición do artigo 19. Pero si que hai diñeiro para os medios de comunicación, os centros concertados, peroal directivo, plusiños de altos cargos, integracións...

Manifestan que as prazas que ofertan ponden se incrementadas un algunha máis (1 ou 2....)
Comprométense a que no mes de xuño será aprobada e publicada a RPT e que se incorporarán o máis axiña posible as novas prazas, co compromiso tamén de cubrir todas as vacantes que existan.
Indican a creación de un grupo de traballo que estará composto polos 4 xefes/as territoriais, algún director/a, 1 representante da Secretaría Xeral Técnica, 1 representante da Dirección Xeral da Función Pública e 1mrepresentante da Dirección xeral de Avaliación, para facer unha proposta demcarteleira.
Negociaranse de novo as carteleiras (como si o fixeran algunha vez) tan prontomse aprobe a RPT, para a súa implementación despois do verán.
Os criterios a seguir é que se libre fins de semana alternos en computo anualm(aínda peor proposta que antes), dos festivos non falan nada.
CIG
Manifestamos que non imos aceptar ningún acordo que non teña unha data concreta de reposición do Convenio Colectivo e en concreto do artigo 19.
Indicámoslle que en primeiro lugar teñen que cambiara as instrucións de elaboración de carteleiras e ter unha clara vontade política de negociación e non de imposición.
Rexeitamos calquera tipo de contrato de fin de semana ou de media xornada, xa que entendemos que é traballo en precario, algo que a Administración non debería consentir e a maiores, pode ser unha saída estrutural, pero non é funcional para o normal servizo dos centros. Non é operativo un centro con traballadores/as de fin de semana.
Manifestamos que queremos ter comunicación das novas instrucións demelaboración de carteleiras para poder facer alegacións.
En definitiva, non ofreceron nada novo e consideramos que aínda é peor a oferta de prazas que se pretenden crear, disminuíndo con respecto a oferta anterior as prazas en xornada completa e aumentando as de fin de semana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario