Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 16 de xuño de 2015

Concentración de persoal laboral en San Caetano martes 23 de xuño e apoio da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais

Despois de varias solicitudes de traballadoras e traballadores, fundamentalmente da Consellaría de Traballo e Benestar, así como por parte do Comité desta consellaría na provincia da Coruña, o Comité Intercentros convoca unha mobilización central en San Caetano para o martes, 23 de xuño. O acto dará comezo a partir das 10:30 na explanada do aparcadoiro na parte frontal da Presidencia.

Neste acto denunciarase os reiterados incumprimentos e suspensións do convenio colectivo impostas pola Consellaría de Facenda. Pídese a convocatoria inmediata do concurso de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza e a recuperación dos artigos suspendidos do convenio colectivo a través de diversas normas de rango legal, como sería o artigo 19 que regulamenta os descansos en domingos e festivos do persoal que traballa a quendas. O que significaría volver a recuperar o de que traballar un domingo ou festivo inhabilita para traballar o seguinte, a compensación correspondente en tempo de descanso e os 2 días de descanso semanal que coñece boa parte do persoal da Xunta

No Pleno da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais celebrado o martes, 16 de xuño, acordouse por unanimidade apoiar a concentración convocada polo Comité Intercentros para o día 23 de xuño en San Caetano e facer un chamamento ao persoal funcionario dos Servizos Centrais para que acuda a este acto de protesta na defensa dos lexítimos dereitos do persoal laboral.


Ningún comentario:

Publicar un comentario