Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 9 de xuño de 2015

Datos de flexibilidade e teletraballo na Xunta a 31 de maio de 2015

Acheganos a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa os datos mensuais acumulados da flexibilidade e teletraballo na Xunta de Galiza correspondentes a abril e maio.

Respecto a marzo, nestes dous meses as flexibilidades automáticas aprobadas aumentaron en 86 e as flexibildades familiares en 69. Por mes, temos as 40 e pico novas flexibilidades automáticas de todos os meses, porén hai un lixeiro repunte nas familires que habitualmente son de menos de 10 ao mes. As denegacións acumuladas nestes dous meses foron de 1 na flexibilidade automática e 5 na familiar, chegando a un total de 25 e 12 respectivamente.
 
Na Xunta hai actualmente 6.820 persoas con flexibilidade automática e 882 con flexibilidade familiar na Xunta de Galiza, cousa moi distinta ao co sucede co teletraballo. 
 
No teletraballo houbo un aumento de 9 solicitudes aprobadas e 8 prórrogas, permanecento das denegacións estables en 51. En calquera caso, na Xunta só existen  62 persoas actualmente teltraballando, unha cifra anecdótica sobre as 2.000 potenciais persoas beneficiarias. De novo, seguimos sen un só persoal informático da Xunta con autorización para teletraballar. O acceso de novos colectivos a esta modalidade foi en abril para varios postos de inspección farmacéutica.


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS. 31 MAIO 2015

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.820 (+86)
2.813 (+29)
4.007 (+57)

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
882 (+69)
354 (+23)
528 (+46)

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
62 (+9)
45 (+2)
17 (+7)
PRORROGADOS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
8
7
1
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario