Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 15 de xuño de 2015

A Xunta dálle dous concursos seguidos á mesma empresa de publicidade por valor de 1 millón de euros

A Xunta acaba de concederlle a unha mesma empresa de publicidade a execución de dúas campañas  instituicionais por valor dun millón de euros e cunha semana de diferencia.
 
J&J Publicidad y Comunicación
, unha empresa publicitaria de Vigo, recibiu o 15 de maio 194.000  euros da Secretaría Xeral de Medios e o 22 de maio, outros 820.000 máis da Consellería do Medio Rural. O seu obxectivo son executar campañas que xa apareceron aprobadas pola Xunta en xaneiro deste ano.

Así, e segundo recolle o DOG, o pasado 15 de maio, a Secretaría Xeral de Medios formalizou con J&J Publicidad y Comunicación  o contrato administrativo de servizos para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia nos anos 2015 e 2016.

Xustamente unha semana despois, a mesma empresa recibía, desta volta, por parte da ecretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación.

Segundo a súa web, esta empresa traballa habitualmente coa Xunta de Galicia, xa que a maior parte dos traballos que publicita están relacionados co Goberno galego. Tamén ten outros clientes como Pizza Móvil, Mexillón de Galicia ou o Concello de Vigo.
 
A Xunta leva gastados 6,5 millóns en medios estes meses


Hai uns días coñecíase unha nova subvención aos medios de sempre por máis dun millóns de euros. En total, nos últimos meses, o Goberno de Núñez Feijóo leva gastados, cando menos e dos que Galicia Confidencial teña constancia, 6.5 millóns de euros neste tipo de convenios. As últimas axudas chegan, ademais, logo cun gran batacazo eleitoral do PPdeG, coa perda de tres cidades e dúas deputacións, ademais de numerosos concellos.

As últimas subvencións foron ordeadas pola Secretaría Xeral de Medios en dúas convocatorias diferentes. Así, nunha delas decidiu ampliar o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radidifusión en 540.000 euros, de forma que o importe total que recibirán os medios tradicionais será de 1.675.000 euros.


Ver fonte orixinal (Nova reproducida coa autorización de Galicia Confidencial)

Ningún comentario:

Publicar un comentario