NOTA DE PRENSA REMITIDA POLA XUNTA DE PERSOAL DOS SERVIZOS CENTRAIS
A Xunta de Persoal conversa co Presidente da Xunta tralo Consello pola promoción interna
Declarou que non coñecía o procedemento das últimas convocatorias, ante o que se lle convidou a tomar un viño e explicarllo pormenorizadamente
Con tan só 48h de antelación convocaba a Dirección Xeral de Función Pública unha Comisión de Persoal Ordinaria para venres, 5 de xuño, na que a Administración vai aprobar as convocatorias de promoción interna dos corpos xerais de persoal funcionario. Non cambian nada respecto dos últimos borradores, achegados a principios de maio, a pesar do escrito de alegacións conxuntas das 4 organizacións sindicais pedindo negociar. Nestes borradores segue habendo unha insalvable distancia entre o modelo das últimas convocatorias e o actual que é clavado a un acceso libre. Para que vale pois ter aprobado unha oposición?
Hoxe pola mañá reuniuse de urxencia a Comisión Permanente da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais para tratar de impedir este sin sentido. Decidiu facer un escrito dirixido ao Presidente da Xunta (achégase documento) para entregarlle en man no que se solicitaba que as persoas representantes da Xunta se senten a negociar e non impoñan o seu modelo.

Ás 12.00h entregaron os escritos a través dunha persoa do ámbito próximo ao Consello e quedamos a agardar resposta. Pouco a pouco foron chegando forzas e corpos de seguridade. Os membros da Xunta de Persoal deixaron claro que a súa actitude era pacífica e que ían ficar alí ata ter unha resposta directa do Presidente, dada a urxencia da convocatoria da Comisión de Persoal para mañá.
Non foi ata as 14.00h que saíu o Presidente da Xunta e parou uns minutos a falar co presidente e secretario da Xunta de Persoal. Pedíuselle que non castigue ao persoal funcionario sen motivo e que ter unha promoción interna real non supoña gasto económico. Dixo o Presidente da Xunta que non leu o escrito pero insistiu que en canto á promoción interna querían “os mellores” e que non se podía só promocionar pola antigüidade, que tiña que haber exames. Desde a Xunta de Persoal se lle comentou que por suposto que ten que haber exames nun proceso selectivo pero que queríamos un modelo obxectivo e semellante ás últimas convocatorias no que haxa menos probas que por acceso libre que é o normal.
Declarou que non coñecía o procedemento das últimas convocatorias, ante o que se lle convidou a tomar un viño e explicarllo pormenorizadamente. O Presidente da Xunta rechazouno porque tiña présa. Podíamos ter falado tamén deses claros que tamén comentou que estaban abríndose na economía cando se lle falou do gasto insignificante da promoción interna.
Insistíuselle tamén na falta de boa fe negocial ao convocar a Comisión de Persoal sen sentarse a falar siquera do último escrito conxunto presentado e se lle demandou que retiraran o punto da promoción interna da orde do día e que se sentasen a falar.
O único compromiso sacado foi que falaría co conselleiro de Facenda. Como órgano de representación agradecemos as formas pero agardamos que non só quede niso. Seguiremos loitando por unha promoción profesional real.
Compostela, 4 de xuño de 2015
Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia
Tamén:
http://www.20minutos.es/noticia/2480981/0/sindicatos-trasladan-problematica-promocion-interna-feijoo-este-viernes-se-concentran-ante-egap/
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sindicatos-concentran-egap-exigir-vuelta-modelo-anterior-promocion-interna/idEdicion-2015-06-05/idNoticia-935931/

Ningún comentario:
Publicar un comentario