1. Existe unha asociación, a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior (AgrupA), cuxo fin é a defensa dos intereses corporativos das persoas asociadas, cunha importante capacidade de influencia sobre función pública que estaría condicionando os procesos de promoción interna e outros que afectan a todo o persoal funcionario.
Foto do cocktail de nadal que figura no seu blog |
2. É un feito obxectivo tamén, porque está publicado no blog desta asociación, que esta ten presentado alegacións ao proceso de promoción interna e de acceso libre. Non publican o contido destas alegacións e descoñécese cales foron asumidas por Función Pública ao respecto ou en que medida están freando a asunción das demandas sindicais e da xente.
3. Existe a sospeita fundada de que cargos directivos de función pública, son membros desta asociación. Isto implicaría que:
- Sen prexuízo do dereito á libre asociación estaríase incumprindo de forma escandalosa a obriga do persoal directivo de función pública de ser imparcial nos asuntos que trata, pois actuaría condicionado polas demandas dos intereses da asociación á que pertencen e que non son precisamente a defensa de todo o persoal por igual.
- Estaríase producindo unha grave quebra do principio de imparcialidade nas negociacións cos sindicatos, negociacións ás que estas persoas acuden con frecuencia, supostamente representando á administración: ¿Con quen están negociando xa os sindicatos, coa Administración ou con AGRUPA?
4. Por outra parte temos tamén a sospeita de que nesta cadea de despropósitos infúe tamén o motivo político de que interesa ao goberno atrasar o proceso ata preto das eleccións autonómicas co obxecto de dar unha sensación de apertura cercana aos comicios e conservar, sen competencia, a determinadas vellas glorias afíns ao réxime en postos de libre designación, sendo as novas tomas de posesión pouco antes ou despois das eleccións.
Ante estas dúbidas dirixirémonos formalmente ao director xeral da Funsción Pública nos vindeiros días coas seguintes cuestións:
1. Existen cargos directivos en función pública que forman parte de AGRUPA? De ser así esíxese o cese inmediato destas persoas ao ter comprometido durante anos a súa imparcialidade nas negociacións e na toma de decisións e actuar condicionadas na suposta representación da Administración para que foron nomeadas.
2. Cales son as demandas presentadas por esa asociación ante a Dirección Xeral de Función Pública sobre o proceso de promoción interna e sobre outros que podan afectar negativamente a todo o persoal? Condicionan as súas decisións?
3. Cales son as principais causas que ao seu entender provocaron o atraso xa de seis anos neste proceso?. Existen grupos de presión que defenden o atraso e a creación de barreiras de entrada ao que eles entenden como suposta “competencia”?.
4. Os tribunais selectivos teñen supostamente autonomía para o establecemento dos contidos das probas e en consecuencia para a súa dificultade. Que garantías existen de que nos tribunais non van estar presentes persoas pertencentes a AGRUPA ou a outros colectivos coerporativos?
5. Existe unha vontade prefixada de deixar desertas boa parte das prazas de promoción interna subgrupo A1 para acumulalas ao proceso de promoción interna da seguinte convocatoria e posteriormente á de libre?
6. Por que nos casos de que o exercicio de test se estableza sobre temas e non sobre lexislación non se publica un temario vinculante? Está relacionado isto con esa vontade de deixar desertas as prazas e coa pregunta anterior?
7. Ten constancia de que algún/nha dos/as seus/súas subdirectores/as xerais e algún/nha xefe/a de servizo acudisen a algún acto ou cea de AGRUPA? Sendo así, non cree que comprometida a súa imparcialidade ao tomar partido por grupos de intereses corporativos alleos e mesmo contrarios ao resto do persoal, deben ser cesadas?
DO WEB DA CIG-AUTONÓMICA
Ningún comentario:
Publicar un comentario