Na Mesa Xeral do 8 de xuño, a parte de confirmarse a imposición do modelo de proceso selectivo de acceso libre aos corpos xerais de persoal funcionario da Xunta e da creación dunn novo macrochiringuito, falouse de varias cuestións de interese como: o anuncio dunhas novas instrucións de permisos, vacacións e licenzas, os chamamentos do persoal orientador das oficinas de emprego e o desenvolvemento de varios procesos selectivos.
Nos puntos primeiro, segundo, terceiro e cuarto da orde do día ían as propostas para os procesos selectivos dos subgrupos A1, A2, C1 e C2. A Administración apenas aceptou ningunha das alegacións presentadas pola CIG. Continúan coa idea de volver aos temarios abertos, sen estar publicados en nigún lado e aínda que os publique a EGAP sen que estes sexan vinculantes para os Tribunais. Por suposto de tipo test só o primeiro exame. O interese da Xunta pola transparencia e obxectividade nos procesos selectivos é nula.+ información
No punto quinto ía o Proxecto de decreto polo que se crea a Axencia Galega para a xestión do coñecemento en saúde e se aproban os seus estatutos. A Administración pretende crear unha nova axencia feita a medida para un persoal directivo con nome e apelidos, prescindindo do persoal investigador. + información
En varios:
Instrucións de vacacións, permisos e licenzas: na LEPG os sábados son considerados días inhábiles e non se fai referencia á acumulación dos moscosos cos 6 días de vacacións que se poden gozar de forma independente. A CIG informa de que nalgúns centros de traballo estase a negar esta acumulación ao persoal co argumento de que non figura explícitamente na lei. Isto entra en contradición co estipulado nas instrucións de vacacións, permisos e licenzas polo que solicitamos unha aclaración ao respecto. O director xeral da Función Pública informa que están traballando na modificación das citadas instrucións e que antes de que remate o mes de xuño se lle enviará o novo texto ás sindicatos.
Proceso selectivo do subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas. Preguntamos pola data do 2o exame. O director da Función Pública remítenos á Subdirección Xeral de Provisión de postos e Selección de Persoal...
Axentes facultativos medioambientais: a toma de posesión será en setembro.
Chamamento de orientadores laborais: están a tramitar o expediente desde hai semanas, que está pendente o tema orzamentario desde Madrid e que polo de agora non hai nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario