Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 9 de xuño de 2015

A xornada de verán 2015 "publicada" na Voz

Para variar, temos outro caso máis de confirmación de cuestións que afectan ás nosas condicións de traballo polo "outro DOG", a Voz de Galicia.

A semana pasada preguntabamos a Función Pública pola entrada en vigor da xornada de verán e se ían rexir as mesmas instrucións respecto ao horario flexible que o ano pasado. Contestounos que na Comisión do Persoal do venres "nos diría algo" e efectivamente así foi: nos dixo que o martes, 9 de xuño, "nos diría algo".

De momento, a Voz xa confirma que o modelo virá ser idéntico: Esta flexibilidade horaria permitirá a eses 11.000 traballadores que realizan funcións administrativas nas dependencias da Xunta dispor de marxe para adiantar ou demorar a súa entrada (na franxa comprendida entre as 8 e as 9 da mañá) e o momento da súa saída (entre as 14 e as 15 horas), sempre que completen as 6 horas de traballo continuadas requiridas. Só resta que agora Función Pública saque esa nota e confirme as adaptacións cos horarios flexibles.

A pesar de que no xornal fai en referencia no subtitular da nova a que o horario entrará en vigor o luns, 15 de xuño, este non o fará, como di nas instrucións de xornada laboral e corrixen máis adiante na nova, ata o martes, 16 de xuño. Esto horario durará ata o 15 de setembro.

Na nova fan tamén un rigoroso estudo comparando o perído da xornada de verán nos últimos 5 anos, chegando á conclusión que foi o único que o PP non se atreveu a recortar abertamente. Esquécense que estas instrucións deixan fóra  todo o persoal con horarios especiais ou que non realiza funcións administrativas e que non se lle viña aplicando con anterioridade. En calquera caso, non deixa de ser unha cuestión anecdótica e se o fan é porque non ten un custe económico significativo.

Por outra banda, temos que agradecer, coma sempre, a prioridade que ten a Función Pública galega á hora de comunicar á prensa, de xeito preferente, calquera cuestión que afecte ao persoal da Xunta. Sobre todo nas cuestións que máis interese teñen para a sociedade, como é o horario de verán, unha demanda informativa fóra do común e de grande expectación que calquera pode observar nun simple paseo polas rúas das nosas vilas e cidades. Cuestións como o paro e a corrupción, "ya tal" como diría Rajoy.

Documentación de interese:

1 comentario:

  1. Moi boa análise; sobor de todo pola expectación que crea nos cotilleos de paseos estivais. E que os funcionarios e Belén Esteban somos trending topic...

    ResponderEliminar