Corría o ano 2008 e daquela entraba no Parlamento a antiga Lei de Función Pública refundida no Decreto lexislativo 1/2008 coas novidades do EBEP. Daquela o PPdG denunciaba a excesiva "politización da Xunta" a través desta lei co concurso específico para as xefaturas de servizo e falaba dun intento de blindar a xente de confianza nos seus postos(*).
Uns 7 anos despois a situación mudou bastante: o concurso específico é marabilloso, mesmo se pode extender en postos de nivel inferior á xefatura de servizo, o do persoal directivo non é politizar a Administración, xa non hai exceso de postos de LDs, as avaliacións do desempeño por criterios subxectivos son obxectivas e blindarse con xente de confianza ante un eventual cambio de Goberno é fetén.
Semella que desde a oposición defender a non
politización da Administración e a profesionalización e independencia do
seu persoal ten sentido pero cando se toca moqueta hai que facer todo o contrario co fin último de manter o poder (e os cartos públicos que van con el) a toda costa.
Aquí non hai a excusa da situación económica para que onde Feijóo dixo que "non lles podemos pedir máis aos empregados públicos galegos" tralo recorte de xullo de 2012 logo aplicara toda unha marea de recortes adicionais, como a supresión do complemento específico nas extras ou a consolidación do "pagar por enfermar". Haberá que dirixirse ao PPdG para que poña en cintura ao Presidente da Xunta...
(*)Daquelas nota de prensa non quedaba moi claro o do concurso específico pero a gran cobertura da caverna mediática e a prensa do réxime axudanos bastante a debullar a que se referían.
Ningún comentario:
Publicar un comentario