A Comisión de Persoal estivo a
piques de desaparecer nalgún dos múltiples borradores do proxecto de Lei de
Emprego Público de Galiza e non é de estrañar. Tal e como a define a lei é
"o órgano colexiado de carácter técnico de coordinación e asesoramento en
materia de persoal". A pesar de que a lei a dota de funcións moi
interesantes, o que á Comisión de Persoal xa está máis que dixerido. O que se vai
a este órgano é a votar o que se "negociou" na última Mesa Xeral,
pero, aínda así, só votan algúns dos seus membros.
A súa composición vén determinada
polo Consello da Xunta e nela están presentes as organizacións sindicais máis
representativas da Función Pública en minoría absoluta. Xa que logo, atopámonos
con situacións nas que as 4 centrais sindicais votan algo en contra e ao final
sentenza a persoa que preside a Comisións que "queda aprobado" e todo
sen escoitar un só pronunciamento do resto de membros da Administración.
En fin, ritual e liturxia, co que
cumprir o trámite de que este órgano "foi oído". De ser ordinaria, ao
final desta Comisión o director xeral de Función Pública soe dar pinceladas de
información e anuncios de vindeiras xuntanzas e aí remata o conto. Non se pode
seguir así, nin un Senado nin dous!
Como mostra o seguinte botón, vai
o resumo da Comisión de Persoal do 19/12/2014
Proposta de
modificación da RPT da Consellería de Economía e Industria.
A CIG vota en contra como o resto
de OOSS.
Proposta de
modificación da RPT do IGVS.
A CIG vota en contra como o resto
das OOSS.
Proposta de acordo de
negociación colectiva do persoal do INEGA.
A CIG manifesta que este acordo
de negociación non é obxecto do ámbito negocial nin da mesa xeral nin desta
comisión de persoal, polo que abstense. CCOO e UGT votan a favor e CSIF en contra.
Proposta de
modificación da RPT da Cultura, Educación e O.U. relativa ao persoal laboral
dos servizos periféricos da Área de Educación.
A CIG vota a favor e o resto de
OOSS votan en contra.
O DXFP informa dun proceso
disciplinario sobre un traballador. A CIG manifesta que se lle respecte ao
traballador o seu dereito a defensa xurídica.
En varios, o director xeral de
Función Pública informa de que:
- Na primeira quincena da xaneiro convocará unha comisión de seguimento de todas as ordes de integración.
- Nos vindeiros días publicaranse no DOG as ordes de integración da Axencia Humanitaria de Galicia, a Fundación Galicia Emigración e as Fundacións para o desenvolvemento comarcal.
- No 2015 aprobarase o decreto de integración do INEGA.
- Convócanos para unha xuntanza o martes 23 ás 12:00 nun lugar que determinará a través dun correo electrónico o luns, na que nos informará do documento da LEPG que se enviou ao Parlamento e que nos achegará por correo electrónico, así como dos cambios nas ordes de integración que se publicarán no DOG.
- A CIG pregunta polo incumplimento das instrucións sobre o aboamento das retribucións establecidas no Acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais de Saúde Pública do 31 de outubro de 2008, no referente á intención de Sanidade de que os veterinarios traballen os días 24 e 31 de decembro, cando en ditas instrucións eses días teñen a consideración de festivos. O director di que na xuntanza do martes nos dirá algo ao respecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario