Feijóo anunciou no Pleno de onte do Parlamento que o persoal da Administracións públicas galegas recuperaremos “paulatinamente” as mordidas que nos foron metendo nas nóminas desde o 2012. Basicamente fala de crear un fondo retributivo que ir alimentando non se sabe moi ben como nin cando.
A día de hoxe, no proxecto de lei de Orzamentos para o 2015 está só previsto a recuperación do 12,5% da paga extra de Nadal de 2012. Tamén é certo que a finais do mes pasado unha das emendas dos grupos da oposición que ficaba sen contestar nin resolver era a da devolución para 2015 de todo o que recoñecen os xulgados da paga extra do 2012 e non só da metade.
Así que supoñemos que o que pode anunciar Feijóo tralo Consello do 4 de decembro será a presentación dunha emenda ao texto dos Orzamentos, ou ben á través da lei de acompañamento, no que se incluirá unha destas disposicións de “boa fe” que nin indicarán orixes dos fondos, nin achegas mínimas, nin prazos. Porén, as súas verbas literais falan "dunha lei que aprobarán hoxe no Consello da Xunta". Ben sabemos que o Consello non aproba leis e que seguramente se estará referindo a un proxecto de lei. Todo isto coa información da que dispoñemos ata o de agora, que para non variar, é pouca e a través de comparecencia pública.
A ninguén se lle escapa que o 2015 é ano de eleccións (municipais e estatais) pero non chega só con manter de bo humor ás preto de 100.000 empregadas e empregados públicos galegos (contando Sanidade e Ensino). É necesario que os “cantos de serea” da recuperación económica se fagan cribles en toda a sociedade e para dar unha mensaxe de bos datos económicos, qué mellor que anunciar que ata o persoal das Administracións vai cobrar as súas polémicas pagas extras?

De feito, nunha nota de prensa emitida a semana pasada recollíamos o seguinte:
Na Xunta só vemos recortes e máis recortes de persoal (véxase a AMTEGA, o IGVS ou Cultura), mantemento dos recortes económicos e non económicos, mesmo por riba do que outras Administracións, a pesares de que en obxectivos din estar por riba delas
Tamén, non se nos escapa que todos estes anuncios (xunto co anterior da devolución dun 12,5% da paga extra de 2012) son en parte reforzados pola recente vaga de sentenzas favorables aos intereses das empregadas e empregados públicos, mesmo para as pagas extras de 2013. Porén, a realidade é que polas actuacións no pasado temos moi poucos motivos para crer o que di o Presidente da Xunta sexa algo máis que fume. Se nen sequera ten vontade a Xunta por exemplo de facer un concurso anual nin unha promoción interna como debe, cómo imos crer que fagan antes o que custa cartos.
A nós retiráronos o que era noso, en teoría para manter os “servizos públicos esenciais” e ao final nin eses conseguen manter cun mínimo de decencia (non hai máis que ollar as listas de agarda da Sanidade por exemplo). O que hai que reflexionar tamén, como servidoras e servidores do público, é se devolverá paulatinamente o que nos roubou a toda a cidadanía: todos os servizos públicos que recortou ou privatizou.
O que é noso
Entre o que se secuestrou das nosas nóminas, a parte do poder adquisitivo perdido desde 2010 con relación ao IPC e os xuros de demora, que tamén deberían devolver, está o seguinte:
- Paga extra Nadal 2012: total (25% da cal recoñece a Xustiza que é nosa)
- Pagas extras 2013: 2 complementos específicos ou cantidade equivalente (un 33% do complemento específico da paga de xuño recoñece tamén a Xustiza que é nosa); esto representa unha cantidade variable dun 30% de media sobre a paga extra.
- Pagas extras 2014: 2 complementos específicos ou cantidade equivalente; isto representa unha cantidade variable dun 30% de media sobre a paga extra.
Descargar CIG-Informa
Ningún comentario:
Publicar un comentario