O pasado 19 de Novembro o Boletín Oficial do Parlamento de Galiza, convocaba entre outras, 4 bolsas de arquivo, biblioteca e documentación dentro do seu plan de formación de bolseiros.
Dende os últimos anos, o Parlamento ven ofertando este tipo de bolsas, que entendemos que non se estruturan nun plan de verdadeira saída profesional dos bolseiros dentro da institución e por outro lado non coñecemos que conten cun persoal formador con coñecementos axeitados tanto en biblioteconomía, documentación e especialmente arquivística.
Nos últimos anos estamos a ver por parte de todas as Administracións Públicas un exceso de bolseiros e un defecto de contratación de persoal propio, polo que sospeitamos como é neste caso, que se trata non tanto de formar persoal para acadar un posto de traballo, senón de utilizar man de obra dunha maneira “barata”; pois temos dúbidas razoables de que estes bolseiros irán a desenvolver traballo en solitario sen a necesaria supervisión e control dun técnico na materia.
Por outro lado nos chama poderosamente a atención, a continuada anualidade de formación de varias persoas sen que isto teña reflexo na propia Relación de Postos de Traballo do Parlamento, onde nos consta que non existe unha persoa especializada en arquivística; sendo esta unha das parcelas propias das bolsas que ofertan.

Tamén queremos chamar a atención que estas bolsas de formación non contan con un contido didáctico como debería ser, e limítanse como outras tantas a darlle ao persoal bolseiro unha tarefa práctica que substitúe directamente ao labor que tería que desenvolver un traballador público.
Aproveitando a mobilización polos Orzamentos, así llo comunicamos hoxe por rexistro á Mesa do Parlamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario