Publicouse no DOG do 26/12/2014 un novo anuncio de contratación dunha nova campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galiza para 2015 por valor de 600.000€ (IVE incluído)
En abril de 2013 a Xunta aprobou en Consello o Plan de dinamización demográfica, que polo de agora non tivo moito éxito. Este plan pretendía ser un freo ao crecemento vexetativo negativo da poboación galega, cunha poboación moi avellentada e onde se segue producindo unha forte emigración da xente máis nova.
Desde que se puxo en marcha, este foi o gasto na súa publicidade:
- 508.132,94 €; CANAL UNO DE COMUNICACION, S.L; 15-11-2013; Servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia (Expte. 77/2013) + info
- 263.553,72; € PUNTO NORTE, S.L.; 21-08-2014; Servizo consistente na difusión da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia.Expediente 22/2014 + info
- 495.867,77 €; Servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galicia, suxeito a regulación harmonizada. (Expediente 125/2014); Pendente de adxudicación + info
Nos contratos adxudicados en 2013 e 2014 a baixa na oferta non chegou nin ao 4%. Con esta estimación sobre o novo contrato anunciado e sumándolle o 21% de IVE, da unha cantidade total que superará o 1,5 millóns de €. Unha cantidade que puidera ter sido adicada directamente a dinamización demográfica mediante a potenciación dos servizos sociais públicos, como por exemplo, as garderías.
En calquera caso, cómpre facer fincapé todo comeza por un traballo digno. Sen traballo, as mozas e mozos do noso país encamíñanse cara o exterior, cara a precariedade ou cara o desemprego. E baixo unha situación de desemprego ou precariedade, boa parte destas “futuras medidas” que se van anunciar cunha dotación orzamentaria escasa non van servir para nada.
As empregadas e empregados públicos da Xunta de Galiza preocúpanos ver esta clase de gastos nos que se di que se fai ou que se vai facer sen que realmente sexa certo ou que haxa detrás o investimento público necesario para conseguilo. Nestes casos, existe unha desproporción evidente entre o que se gasta en publicidade e a inversión real que despois aparece detrás. Á sociedade galega pídeselle esforzos e máis esforzos e o único que se lle da a cambio é fume. É o noso deber como traballadoras e traballadores públicos denunciar esta clase de gastos e pedir que non se detraian máis cartos dos servizos públicos galegos para esta clase de campañas publicitarias desproporcionadas cuxo único obxectivo resulta ser a autopromoción do goberno da Xunta
Que bos son estos da Xunta de gastas tanto diñeiro en propaganda, eso e o que deben dicir os dos medios de comunicación, porque os que temos fillos non, o último pechan as garderías unha semana por o nadal e previsiblemete toda a semana santa, e non che dan nengunha solución, si traballas vas ter que levar a criança para facerche compañía no choio. Saúdos Fulgencio.
ResponderEliminar