Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 11 de decembro de 2014

Promoción interna e concursos de traslados: visitas ao despacho do director de Función Pública

Levamos un tempo escribíndolle notas ao director xeral de Función Pública fundamentando a necesidade tanto de concursos de traslados permanentes como dunha convocatorias de promoción interna de verdade. Como habitualmente non soe responder, non nos importa chamar, e ultimamente tamén, ir de visita polo seu despacho a ver se nos da unha resposta.

Si, certo que as veces podemos ser moi "insistentes", pero vos nos puxéchedes aquí para selo, non para facerlle a rosca á Administración e menos para non facer nada. En todas estas visitas o director está sempre moi ocupado e nunca pode recibirnos pero tampouco nos da alternativa e nin sequera unha resposta sinxela como puidera ser a data estimada para estes dous procesos que son do que máis nos preguntades.

Non lle gardamos rencor, non imos poñer en cuestión se non nos quere ou non pode recibirnos, ou se lle está dando largas aos sindicatos con estes dous temas. O problema son as "largas" que lle está dando as empregadas e empregados públicos na falta de impulso dos seus dereitos á mobilidade e promoción profesional. Vale que non queran sacar máis cronogramas vendo o éxito dos anteriores que fallaban máis ca unha escopeta de feira e causaban o cachondeo do persoal.

Pero o que non nos vale é que non haxa na Fucnión Pública galega transparencia na previsión e xustificación técnica para planificar os distintos asuntos. Se non queren comunicar onde fica nesta planificación os concursos de traslados e promoción interna, imos pensar que tedes razón as persoas que nos decides que depende do que lle digan no Gabinete, ou sexa, que utilizan o concurso e a promoción interna con fins políticos; "igual sacan algo antes das eleccións" escoitase moito.

Seguiremos indo polo despacho do director, en parte porque vimos que estivo onte a subdirectora de Provisión e Selección e igual en breve hai novidades. Agora ben, imos abrir novos camiños, camiños onde xa creceu a maleza, pode, pero non imos renunciar a nada, como non imos renunciar aos nosos dereitos. Non é tan complexo; a realidade do exercicio destes dereitos noutras Administracións non é nin unha loita continua nin un segredo de Estado.

Promoción interna

Neste tema importa tanto o cando como o que pois dependendo do que saquen haberá xente que perda máis ou menos cartos en preparalo. Pois ben, a pesar do comentado na última Mesa Xeral, non houbo esa reunión posterior nin concretaron algúns aspectos que estaban no ar (como a lectura ou non do terceiro exercicio).

Porén o que deixaron claro é que a queren facer difícil. Dicir difícil é pouco, realmente o que propoñen son as mesmas probas que en acceso libre, preguntando temas que xa foron acreditados a súa superación no acceso ao corpo inferior.

Non compartimos a postura corporativista de certos grupos de presión da Xunta para que a promoción interna sexa unha putada interna. Pero o que non o entendemos é onde estaban estes grupos cando o Decreto de integración do persoal dos chiringuitos...

1 comentario:

  1. Ola, dixeronme de boa tinta que os Chef da Función Pública Galega andan traballando nuna Orde de Ascripción interna, donde se podrá traballar e cobrar por un ou dous grupos superiores, sempre temporalmente, vexase o que tarda en sair unha promoción interna dende o 2009 ata hoxe ainda non saiu, esto consitirá en por exemplo si eres do grupo C1 podes desempeñar funcións de Chef nivel 30 e cóbralo durante 5-6 ou mais anos, ata que saquen a promoción interna, logo se non se aproba a promoción volvese para o posto que se tiña antes. Algo semellante pasa co que se chama administración paralela, ou sexa chiringos. Saúdos.

    ResponderEliminar