A CIG sitúase como o único sindicato que mellora os
resultados de fai catro anos, pasa de catro delegados a seis, CCOO, que tiña a
presidencia até o de agora, pasa de sete a seis, CSIF mantense e UXT baixa de
catro a tres.
Votos colexio de
técnicos/as:
CIG 87 votos
CCOO 100 votos
CSIF 76 votos
UXT 40 votos
Neste colexio non dispoñemos neste momento do nº de brancos
e nulos
DELEGADOS/AS: CIG 4, CSIF 4, CCOO 5, UXT 2
Votos colexio de
especialistas:
CIG 42 votos
CCOO 31 votos
CSIF 42 votos
UXT 19 votos
11 brancos e 8 nulos
DELEGADOS/AS: CIG 2, CSIF 2, CCOO 1, UXT 1
TOTAIS VOTOS:
CIG 129
CCOO 131
CSIF 118
UXT 59
TOTAIS DELEGADOS/AS:
CIG 6 delegad@s
CCOO 6 delegad@s
CSIF 6 delegad@s
UXT 3 delegad@s
Como primeira valoración, temos que amosar a nosa
satisfacción pola suba de resultados, aínda que non polo feito de non ter
obtido, por só dous votos, a maioría no Comité de Empresa.
Non entanto, a CIG incorpora novas persoas nun Comité que
tentarán facer deste órgano de representación unha ferramenta útil que canalice
as reivindicacións e a loita polos dereitos do persoal laboral dos Servizos
Centrais.
Grazas a todas e todos os que participastes nesta votación
e particularmente, aos e ás que nos destes a vosa confianza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario