Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 11 de decembro de 2014

Comisión de Seguimento de Flexibilidade e Teletraballo: moita información e nula negociación


Na orde do día ian catorce puntos variados pero todos co mesmo fondo: darnos información, a pesar de que esta Comisión naceu como órgano paritario para propoñer cambios e dirimir problemáticas tal e como recolle a norma

Punto primeiro: datos evolución flexibilidade e teletraballo na Xunta de Galiza a 30 de novembro de 2014.  

Repartennos en papel a cada sindicato os últimos datos correspondentes ao mes de novembro, quedan de mandalos por correo. Como son acumulados non varían moito dos datos achegados a 30 de outubro vai só unha semana. Van ao final desta nota os datos xerais, se alguén precisa información detallada sobre motivación das denegacións e postos que nola pida.

Punto segundo: Estado proxecto Morfeo, tramitación electrónica permisos, licenzas e vacacións. 
 

Este proxecto permite presentar e tramitar electrónicamente os permisos de vacacións, permisos e licenzas e asi evitar en moitos casos a tramitación en papel. A Xunta de Persoal xa reclamará esto vai máis dun ano ante o coñecemento do proxecto que ten moi lenta implantación. Antes do verán puxeron en marcha o modelo piloto en Función Pública e AMTEGA e a continuación farase na Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza, na consellería de Facenda e na Consellería de Economía e Industria. Iso si, non ofrecen calendario de implantación, supoñemos que pola tendencia ao incumprimento de todos aqueles cronogramas que non teñen que ver con recortes. 

Punto terceiro: Situación teletraballo na axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) 

Tense que aprobar primeiro a RPT de AMTEGA, según o director de Función Pública pensa que estará aprobada sobre o 30 de xaneiro de 2015. Comprometense a revisar todos os casos de denegación

Punto cuarto: Flexibilidade en horarios especiais 

Fixeron manualmente máis de 100 postos que teñen horario especial e poden flexibilizar, pasarán información máis fiable cando AMTEGA mecanize os datos

Punto quinto: situación flexibilidade ATRIGA Ourense 

O problema é a apertura e peche do centro, agora mesmo está en vigor un contrato de seguridade que non recolle ter máis aberto o centro. Vicepresidencia vai licitar un novo contrato para que no  mes de setembre de 2015 xa estea resolto, mentras coma solución van facer un estudio (se dispoñen de cartos) para que nestes meses que restan se poida facer un “negociado pequeno”, ata que chegue o novo contrato no que se amplie o horario de apertura.

Punto sexto: Situación do recurso presentado contra a Orde de 20 de decembro de 2013 (DOG nº 249, de 31 de decembro)
 

A Orde e as instrucións están recurridas e ata que se dite sentencia todo segue o seu trámite normal. Si, foi a CIG. A motivación é porque as intrucións e a orde atentatan contra o disposto na Lei de Igualdade para a flexibilidade familiar en canto ao "horario de presenza obrigado" e máis ao establecemetno con carácter xeral (e sin que dependa das necesidades do servizo) do horario máximo de referencia.

Punto sétimo: posibilidade de flexibilización nas xornadas distintas da ordinaria (xornada de tarde, quendas....) 

Atenderán cada caso concreto, porque asi coma existen unidades en que si se poden dar, noutras non dan as  horas; comprometense a falar coas unidades.

Punto oitavo: Posibilidade de flexibilización durante a vixencia do horario de verán.

Retomarase a negociación para o ano que vén porque este ano xa pasou o verán

Punto noveno: franxa horaria nos centros da Cidade da Cultura. 

Vaise conceder a flexibilización ata as 20h, tamén nos Arquivos, nas Bibliotecas....  Xa falaron con todos os departamentos.

Punto décimo:  procedemento a seguir para informar aos órganos de representación nos casos de solicitudes de mellora da flexibilidade por conciliación. 
 

Falaron con AMTEGA para que todas as unidades poidan dispor a través dun sistema automatizado que permita comunicar as melloras das solicitudes que a data de hoxe que non estean automatizadas.

Punto undécimo: estudo da compensación do exceso de xornada no mes seguinte. 

En canto modifiquen a Orde non teñen problema para que se faga. Non falan de datas.

Punto duodécimo: establecemento dun sistema no PORTAX para poder matizar as solitudes de flexibilidade por conciliación. 

Xa existe no PORTAX unha casilla  que pon observacións e aí é onde se poden matizar.

Punto décimoterceiro: supostos de denegación de flexibilidade automática por razóns coxunturais. 

Valorarán matizar a título informativo e ver de concretar as denegacións.

Varios 

Neste punto é onde dan pé ás centrais sindicais a expoñer as súas achegas. Pola banda da CIG:

Seguimos insistindo (somos o único sindicato que o pide)  o poder flexibilizar os venres pola tarde, pero a Administración unha vez máis nos di que non é factible que na orde así ven recollida e non o van aceptar. Nos insistimos en que a xustificación non é lóxica, pero non entran en razón.

A implantación do teletraballo é anecdótica é nula entre o persoal informático. Expoñemos a única queixa que nos chegou en papel. Preguntamos  porque aos traballadores/as do CIXTEC lles denegan a solicitude do teletraballo, e sen embargo as asistencias técnicas contratadas si llas autorizan,  responden que en base a un informe onde se reflicte que non cumpren a xornada laboral, nos contratacamos dicindo que existe un informe interno feito polos propios traballadores/as onde se demostra o contrario  e nos din que o envio que van a facer a data do 31 de decembro van aparecer as denegacións e o informe, esiximos ademais que se comunique as Xuntas de Persoal a aos Comites de Empresa. Toman nota.

Delegados/as da Xunta de Persoal de Lugo queixanse que dende as consellerías de Presidencia e de Sanidade saltan o trámite de petición de informe a Xunta de Persoal   para a solicitude de conciliación, só reciben a resolución final. Non tiñan constancia, toman nota para falar cos responsabeis.

Recalcamos o abuso que se fai nas denegacións de flexibilidade (e tamén teletraballo) das “necesidades do servizo” sen maior explicación. A Administración non vai a ir en contra desas denegacións por eses motivos, non vai emitir informes contrarios.

Lembramoslles que a imposición de horarios de presenza obrigada en casos de flexibilidade familiar  que está a acontecer en algunhas unidades (ex: persoal veterinario da Coruña do que nos chegou queixa escrita). Non teñen constancia. 


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO  APROBADAS. 30 NOVEMBRO 2014

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.554
2739
3815

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
794
324
470

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
39
32
7
 


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO  DENEGADAS. 30 NOVEMBRO. 2014.

Flexibilidade automática
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
24
1
23

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
3
0
3

TELETRABALLO
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
50
23*
27

*Un dos postos relacionados como denegado foi posteriormente autorizado á interesada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario