Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 12 de decembro de 2014

A Xunta aproba unha pírrica Oferta de Emprego Público para 2014

Son 53 prazas de Administración xeral disgregadas en varios corpos e escalas técnicas.

"A crise é cousa do pasado" recordou recentemente Rajoy, cousa que vén sendo afirmado de xeito máis ou menos entusiasta tamén desde o Goberno galego que "foi o primeiro en facer os deberes". Agora ben, esta Oferta de Emprego Público unha vez saídos da crise non recorda á última Oferta de Emprego Público antes de entrar oficialmente na crise. 

No 2009, primeiro ano de Feijóo, foron 937 prazas o total das que se convocaron en Administración Xeral. Xa nada será igual "antes" e "despois" da crise. Por certo, que moitas desas prazas e algunhas anteriores aínda se atopan sen executar. Pero iso da igual, van sacando máis, e se non as convocan pois xa as acumularán, que o importante é ir dando mostras cutres de "recuperación". Ofertas de Emprego Público da Administración Xeral da Xunta de Galiza aínda sen executar

Mentres a maioría de persoas quedan polo camiño nesta "recuperación", tamén quedan polo camiño o emprego e os servizos públicos. O plan é perverso: impoñen un límite de "estabilidade" presupuestaria e salvo determinados casos, vacante que queda, vacante que amortizan. Pero como o traballo hai que facelo igual, pois tiramos de subcontratación, que tamén hai que pagar pero coa que poden xogar máis doadamente ao xogo da corrupción.

En fin, que tal e como viñamos denunciando esto non é unha cuestión técnica, é unha cuestión puramente política. Ou non hai na Xunta outros departamentos aos que non lles viría mal un reforzo como son todos os relacionados cos servizos sociais que hoxe se atopan desbordados? E todo ese traballo feito por asistencias técnicas en ámbitos como a AMTEGA, o Medio Ambiente, Mar e Medio Rural, iso vai saír a Oferta de Emprego Público algunha vez ou teñen que acabar nun xulgado?

Por certo, esta OPE foi á Mesa Xeral do 21 de novembro sen anexos nin nada. Preferiron gardar a exclusiva do seguinte cadro para a prensa. En fin, triste xogo político van facer con esta pobre Oferta de Emprego Público.

ANEXOS OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2014 (Fonte: Consello da Xunta 13/11/2014)


ADMINISTRACIÓN XERAL:


Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)
-Escala técnica de finanzas...............................................8

Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1)
-Escala de subinspectores de consumo.............................3

ADMINISTRACIÓN ESPECIAL:


Corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo A1)
-Escala de biólogos.......................................................11
-Escala de químicos........................................................3
-Escala de enxeñeiros industriais.....................................4
-Escala de veterinarios...................................................7

Corpo facultativo de grao medio da Xunta(subgrupo A2)
-Escala de enxeñeiros técnicos industriais........................7

Corpofacultativo superior da Xunta(subgrupoC1)
-Escala de axentes facultativos ambientais.....................10

TOTAL.......................................................................53

Descargar formato CIG-Informa

Actualizado 15/12/2014: publicada no DOG

1 comentario:

  1. Total para administración xeral 0 prazas, moi ben, pero que xa saimos mo ben da crisis, ipocritas, como ben se apunta neste artigo nas asistencias técnicas xa se sabe, moita pasta queda por o camino, esto e o que queren alguns gobernantes e alguns partidos para ter unha Caixa b, e dar sobres en negro, pero ainda hai outra trampa que as asistencias técnicas pagaselle por o capitulo VI (inversión) en non por o I (gastos de persoal), así tranpease ainda máis para que nas estadísticas salga que se esta invertindo moito neste país, ainda que non se invirta un puto euro e o leven todo as empresas amigas. Esto da estadística xa se sabe a media de 2 personas e 2 polos, sae de media un polo cada un, pero o problema e cando un come os dous polos e ou otro o mira sigue saindo a mesma media. Saúdos.

    ResponderEliminar