Se queremos que solucionen algo a mellor manera é que saia na prensa. Esto é tan certo como triste. A raíz da nota que difundimos onte e ante chamada dos medios, a Xunta respondeu á caída de cachos de fachada do edificio de San Caetano. Respondeu, ao estilo de sempre, con moita xente mirando e escusas. Despois do sucedido, solicitamos que non esperen ata primaveira (co que aquí chove), que fagan xa unha revisión exahustiva e que tomen as medidas oportunas, máis aló de poñer unha sinal de "perigo".
LVG: Caen restos de revestimento da fachada de San Caetano
Praza:"San Caetano cae a cachos"
Faro de Vigo: La CIG denuncia que caen ´trozos´ de la sede central de la Xunta
GC: Caen restos do edificio da Xunta en San Caetano nunha das portas de acceso
LVG: Caen restos de revestimento da fachada de San Caetano
Praza:"San Caetano cae a cachos"
Faro de Vigo: La CIG denuncia que caen ´trozos´ de la sede central de la Xunta
GC: Caen restos do edificio da Xunta en San Caetano nunha das portas de acceso
Dinos a Xunta que non pasa nada, que o que caeu non foi pedra, senón argamasa. En fin, gustaríanos que a persoa que fixo esas declaracións probase na súa cabeza que efecto ten que che caia desde 5m un rectángulo de 60x40x4cm de argamasa como o que se desprendeu onte.
Por outra banda, e para restarlle importancia, comentan tamén que "a esas horas aínda non entraran os traballadores". Pero que insinúan, que a fachada está programada para desprenderse fóra do horario laboral e tamén do de atención ao público!? Non lles vale co cinismo de estamos mellor co resto de Administracións pero imosvos pagar menos ca ninguén, que teñen que levalo aos extremos da nosa íntegridade física. Miren, se non son capaces de pagar as nosas nóminas, protestaremos, levarémos a Xunta o xulgado, pero é que se non son capaces de garantir a nosa integridade física e a do público, é para levalos á cadea.
Por último, difundimos fotos deste último deprendemento (na parte posterior do edificio) e tamén fotos actuais doutros desperfectos que houbo, pero que non digan que foron reparadas, pois nunha das fotos vese perfectamente o cacho de fachada desprendido e o recubrimento resquebraxado.
Estes desprendementos son un indicador de que o mantemento está sendo deficiente. De feito, tivemos que denunciar tamén o da non limpeza da fachada na prensa para que retiraran o verdín que cubría a balconada da presidencia. Que non é só unha cuestión estética, xa que o musgo e as herbas requebraxan a argamasa e facilitan que a auga da choiva e o vento desgasten máis facilmente a fachada da que despois terminan desprendéndose cachos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario