Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 10 de decembro de 2014

Asemblea Marea Azul da Xunta de Galiza: as contas claras

Se fuches unha das persoas que mercou unha camiseta da Marea Azul, estás convocada a asistir a unha asemblea para informar do balance de gastos e ingresos desta campaña e máis para decidir a finalidade dos beneficios obtidos. Para asistir con voz e voto é necesario acudir con esta camiseta.

A cita será o venres, 12 de decembro, ás 10:30h no salón de actos nº2 de San Caetano (Compostela)

A orde do día é a seguinte:
1) Informe de ingresos e gastos
2) Propostas para destinar os beneficios e votación

Nesta asemblea, as catro organización sindicais presentes na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, organizadoras da campaña, van dar a coñecer publicamente o informe de ingresos e gastos e pór nas mans de todas as persoas que mercaron a camiseta a que se destinan os beneficios.

En total vendéronse 300 camisetas a 5€, o que fan uns ingresos de 1500€. Houbo tamén uns gastos de 1016,40€ para pagar a empresa que fixo as camisetas ao por maior, o que supón un beneficio neto de case 500€.

Até o de agora hai unha proposta de destinar parte destes cartos a sufragar os gastos da exposición pola Dignidade das e dos Empregados Públicos. Nesta exposición ponse en valor o traballo feito polas traballadoras e traballadores públicos da Administración Xeral da Xunta de Galiza porque servizos públicos non é só Sanidade e Educación. De sobrar algo poderíase continuar cunha nova fase de comprar e posterior venda de camisetas.

Lembrámosvos que o obxectivo da venda das camisetas era empreder algún tipo de acción para a defensa do colectivo das e dos empregados públicos, pero se tedes calquera outra proposta podédela achegar e motivar durante a asemblea.

Lémbrate de acudir coa túa camiseta da Marea Azul.

Descargar documentación 
Descargar cartaz

Ningún comentario:

Publicar un comentario