Como en cada un destes últimos anos, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca unha concentración diante do Parlamento galego coincidindo co Pleno da cámara no que se votará o texto. A cita será o martes, 16 de decembro, ás 11:30h.
A pesar de "recuperación" volve outro ano máis de mantemento dos recortes para os servizos públicos, para o emprego público e para as nosas nóminas. Para as privatizacións, gastos suntuarios e persoal directivo hai diñeiro. Se podedes, aproveitade para protestar antes que entre en vigor a Lei Mordaza e o único que nos deixen sexa votar cada 4 anos... e grazas.
Protestamos contra estes Orzamentos porque semellan un conto e serva como dato o número de mozas e mozos (e non tan mozos) que marcharon nos últimos 6 meses do país a buscar traballo:13.000.
Practicamente
todo o incremento do gasto non financeiro que experimentan é transferido ás
corporacións locais e o crecemento previsto depende dun hipotético medre
da demanda interna propiciado pola reforma fiscal do goberno central
e unha suposta mellora da demanda externa nun contexto de forte inestabilidade
política internacional e con estancamento ou recesión na UE.
Máis sobre a Lei Mordaza
Non podes acudir pero estás en contra destes Orzmamentos: fai visible a túa protesta.
Non podes acudir pero estás en contra destes Orzmamentos: fai visible a túa protesta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario