Resolucións sen asinar ou publicación de persoas admitidas e excluídas sen nomes e apelidos son algunhas das irregularidades deste proceso.
Esta axencia é o buque insignia dos neochiringuitos: pretende mesturar o persoal do Consorcio de Benestar co persoal de Traballo e Benestar da Xunta, todo iso dirixido polo persoal directivo que nin unha oposición ten que pasar e que está chamado a ocupar os postos de responsabilidade e dirección nestes macroentes.
Pois ben, o primeiro é o primeiro, nomear a persoal afín para os postos
importantes, que nin persoal funcionario ou laboral da Xunta ten que ser. Está aberto a contratación de alta dirección cunhas titulacións esixidas alonxadas do que son os servizos sociais (Dereito ou LADE). Hai fortes presións políticas para comezar a
por en funcionamento esta axencia o 1 de xaneiro de 2015, ollo non para aumentar as prazas de garderías públicas, para aumentar os medios das residencias de maiores ou de de persoas discapacitadas, non, iso, non, o
primeiro é nomear aos amigos do partido en postos importantes.
A lei di que as condicións deste persoal non son negociables (a nivel de Mesa Xeral, claro) e di tamén a
lei que os procesos selectivos tampouco o son. Porén, é necesario dar certa aparencia
de legalidade a todo isto. Sácanse convocatorias con anuncio web e tamén nos taboleiros
de anuncios, moi perfiladas, na que na maioría de casos só concorre o “amigo”
ou “amiga” en cuestión.
O problema é que, polas presas, xa nin se gardan as formas. No caso que nos ocupa, o de futuro xerente ou xerenta desta axencia, o venres pasado, cunha ponte polo medio, colgaron no taboleiro de anuncios da Consellaría de Traballo e Benestar en San Caetano un par de resolucións realmente curiosas: levan selo e papel oficial pero a directora de Familia e Inclusión esqueceu asinalas. Descarga documentación fotográfica.
Por se non fora bastante, se imos á páxina web da Consellaría, onde custa
atopar a información (está en “sala
de comunicación/novas/Familia” non en “transparencia” ou “procesos
selectivos”). Pois ben, se no web buscamos a listaxe
provisional de persoas excluídas e admitidas observamos que todas as 3
persoas que se presentaron foron finalmente admitidas tanto na fase provisional
(1 de decembro) como na definitiva (5 de decembro). O problema é que non hai nomes nin
apelidos, só DNIs. Desde cando nun proceso selectivo público, que se paga cos
cartos públicos, non se publican nomes e apelidos?
Pode que os postos sexan totalmente dixitais, que non pidan superar unha
oposición e que teñan unhas retribucións “directivas”, pero nomes e apelidos
hai que poñer. E por suposto, as resolución tamén hai que asinalas. Mandamos
nota á propia Dirección Xeral e máis a de Función Pública para que o emenden e
de paso tamén suxeríndolle que aposten máis polo persoal propio
da Xunta de Galiza, que “estamos en crise" e deixen de traer xente de fóra.
Actualización (26/12/2014): publícase a lista provisional de puntuacións; agora xa aparecen nomes e apelidos das persoas candidatas.
Actualización (02/01/2015): publicación da lista definitiva de puntuacións.
Descargar formato CIG-Informa
Actualización (26/12/2014): publícase a lista provisional de puntuacións; agora xa aparecen nomes e apelidos das persoas candidatas.
Actualización (02/01/2015): publicación da lista definitiva de puntuacións.
Descargar formato CIG-Informa
Ningún comentario:
Publicar un comentario