Estes últimos catro anos foron moi difíciles para o persoal laboral. Partindo dunha situación brutal
de recortes laborais e económicos, durante este tempo tivemos que sofrer
aínda máis recortes económicos, aquela paga extra do
2012 e os recortes na parte equivalente ao complemento específico nas
nosas extras actuais, ademáis da conxelación do resto de conceptos
salariais. Mentres a vida sobe e nós temos que afrontar máis con menos.
Tamén perdimos moitísimos dereitos do noso convenio por culpa daquela Lei de Medidas.
Pero se temos que destacar algo como mostra máis significativa dos ataques ao persoal laboral, ao longo
A CIG estivo aí, ás veces contando co apoio puntual doutras organización, mais moitas veces sos, pero estando sempre aí, escoitando á xente, sendo os voceiros contra a inxustiza, defendendo ao persoal traballador público. Estivemos protestando en Área Central, empapelando a porta de entrada, promovendo peches, facendo asembleas e berrando contra a inxustiza. Tamén estivemos en San Lázaro protestando contra estes despedimentos e
Dende a CIG faríamolo peor ou mellor, pero dimos a cara SEMPRE.
O comité ten que ser capaz de responder perante estas agresións, non se pode agochar. Dende a CIG queremos ser a maioría que te represente porque queremos facer as cousas de outro xeito, non nos imos quedar sentados mentres despiden a compañeiras e compañeiros, imos loitar e estaremos sempre enfronte da Administración, ímoslles plantar cara.

Non somos uns iluminados pero, cando xurdan os problemas, estaremos aí.
Por
todo isto, entendemos que a mellor proposta para o noso Comité de
Empresa é a que a CIG representa, con respecto e compromiso co persoal
laboral e coa dignidade que cremos que ten que ter calquera
representante das traballadorase e traballadores públicos.
O xoves, 4 de decembro, unidade e forza: VOTA CIG
![]() |
Candidaturas da CIG ao Comité de Empresa de Servizos Centrais |
Ningún comentario:
Publicar un comentario