No DOG do 15 de decembro
publicábase a ORDE do 1 de decembro de 2014 pola que se ditan normas
relativas ao recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal
laboral temporal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Anunciaba na última Mesa Xeral o director xeral de Función
Pública que "farán este recoñecemento de oficio e tentarán incorporalo na
nómina de xaneiro". A Orde só fala de "oficio" no caso de
servizos previos prestados como persoal laboral da Xunta, ou unha vez sexan
recoñecidos os prestados noutro réxime non laboral da Xunta ou noutras
Administracións.
As persoas que xa teñan feita
esta reclamación previa a vía laboral ou o asunto no xulgado teñen que facer
unha nova solicitude de novo de acordo coa presente Orde.
1.-Ao persoal laboral temporal os servizos prestados como laboral na Xunta seranlles recoñecidos de oficio sen necesidade de presentar solicitude .
2.- O persoal que teña
servizos prestados na administración da Comunidade Autónoma como persoal non
incluído no ámbito do Convenio Colectivo da Xunta (funcionario/a
interino/a, Sergas, ....) deberá ACREDITAR ESTOS SERVIZOS ANTE A UNIDADE DE
PERSOAL NA QUE PRESTA SERVIZOS ( no modelo que se adxunta)
3.- O persoal que teña
servizos prestados noutras Administracións (Estado, Local, Xustiza...)
deberá PRESENTAR CERTIFICACIÓN ORIXINAL (no modelo que se adxunta no DOG)
asinada polo órgano competente.
Os efectos económicos terán
efecto a partir da data da solicitude.
Os servizos prestados a tempo
parcial computaranse como se fosen a tempo completo e a remuneración será
proporcional a xornada realizada. O mesmo tratamento terán os servizos
prestados como contrato fixo descontinuo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario