Tras marear a perdiz a Xunta durante estes últimos meses, nunha reunión o 23 de decembro o director xeral de Función Pública confirmounos que as únicas cantidades que imos recuperar en xaneiro de 2015 van ser a metade do que nos deben da paga extra de 2012 segundo a Xustiza.
Xa advertiamos nas nosas últimas notas que o de devolvernos a totalidade do que se nos debía de 2012 segundo a Xustiza en xaneiro de 2015 estaba no ar. E estaba no ar porque na Lei de Orzamentos para 2015 só aparece a devolución da metade da parte devengada.
Que pasa logo coa outra metade? Pois o que pasa é que o resto anuncian que o devolverán unha vez aprobada a Lei de Emprego Público cando se creará ese "fondo de recuperación retributiva cuxa dotación se concretará nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma". Esa creación, anuncian, non se producirá ata pouco antes das eleccións municipais (curiosamente) e obrigaría a unha modificación orzamentaria importante.
A gran novidade, tamén froito das datas eleitorais, é que adiantaremos o cobro da totalidade da paga extra de Nadal de 2012 ao 2017, xa que en 2016 (ano de eleccións autonómicas) teñen previsto devolver sobre o 50% e non o 25% como anunciara Feijóo no Consello da Xunta do 11 de decembro.
Así pois, as últimas promesas de devolución daquela lonxana paga extra de Nadal de 2012 son as seguintes:
1) 12,5 % en xaneiro de 2015
2) 12,5% en abril de 2015 (antes das eleccións municipais)
3) 50% en 2016 (ano de eleccións autonómicas)
4) 25% no 2017
*porcentaxes para o concepto paga extra para persoal funcionario; xuntando o concepto paga adicional estas porcentaxes poden variar. Para o persoal laboral serán menores as % do 2015 pois a parte devengada tamén foi menor.
Só da primeira podemos ter completa seguridade de cobrala xa que vén recollida no actual texto da Lei de Orzamentos para 2015 que se publicará en breve no DOG. O resto non é máis que conto e ganas de enganar á xente co discursiño da recuperación de cara ao calendario eleitoral.
Son moitos os conceptos que se nos deben e poucos os que imos recuperar: nada falou do IPC, dos xuros ou dos complementos específicos ou equivalentes que desde o 2013 non vemos nas extras. Foron considerables os € que tomaron prestados das nosas nóminas única e exclusivamente para que a Xunta cadrase os números, non para axudar ás persoas máis desfavorecidas. A pesar do cal tampouco é que cadrasen moi ben tendo en conta precisamente os números de débeda pública que roza xa os 10.000 millóns de €. As Administracións poden non pagar o que deben e iso é o que están facendo coas traballadores e traballadoras pero cos bancos, iso xa é outro cantar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario