Achega Función Pública os datos actualizados a 1 de xaneiro de 2015 sobre as xubilacións parciais do persoal laboral, dende o 15 de decembro, desglosados por categorías profesionais. Estas xubilacións están condicionadas a un contrato de remuda polo que, en primeiro lugar, tírase das listas de substitución. A totalidade de xubilacións parciais tramitadas desde o seu inicio son de 318.
Solicitudes con efectos 1 de decembro de 2014:
Unha solicitude da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.(área de educ.).
Solicitudes con efectos do 9 de decembro de 2014:
Un total de unha da C. do Medio Rural e do Mar (área do medio rural).
Solicitudes con efectos do 15 de decembro de 2014:
Un total de 4 solicitudes: 3 da C. de Traballo ( 1 IV-01 e 2 IV-03), e 1 da C. de Medio Ambiente (V-10 F).
Solicitudes con efectos do 22 de decembro de 2014:
Un total de 5 solicitudes: 1 da C. de Cultura, Educ. e O.U. (V-11); 2 da C. de Traballo e Benestar (I-14 e IV-03), 1 da C. de Medio Ambiente (IV-31) e 1 da C. de Medio Rural e do Mar (área do medio rural, V-14).
Solicitudes con efectos do 29 de decembro de 2014:
Un total de 5 solicitudes: 4 da C. de Cultura, Educ. e O.U. ( 3 área educ, 2 do V-01 e 1 do V-11, e 1 da área de cultura do V-3) e 1 da C. de Traballo (III-02).
Solicitudes con efectos do 1 de xaneiro de 2015:
1 solicitude da C. de Facenda (IV-01) ,
Ningún comentario:
Publicar un comentario