Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 1 de decembro de 2014

Reunión da Comisión de Seguimento de Flexibilidade e Telebrallo

Tal e como estaba avisado, a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa convocounos para a reunión da Comisión de Seguimento da Flexibilidade e Teletraballo para o martes, 9 de decembro. Esta comisión que non se reúne desde febreiro, está formada tamén por representantes da Dirección Xeral da Función Pública e as 4 organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral.

Achégannos tamén os últimos datos de implantación da flexibilidade e teletraballo na Xunta e os motivos das denegacións. Cómpre destacar que o último envío de información foi en agosto, a pesar de que a Orde recolle unha periodicidade mensual.

Os grandes temas candentes son:
  • A negativa para poder flexibilizar os venres pola tarde a pesar de que non existe impedimento material ou xustificación lóxica
  • A imposición de horarios de presenza fixo nalgúns casos da flexiblidade familiar.
  • A imposibilidade de flexibilizar nos horarios de tarde.
  • As escasas xustificacións das “necesidades do servizo” que substancian nunha liña a xeito de "muletilla" coa que denegan a flexibilidade e sobre todo o teletraballo, a implantación do cal é máis ben anecdótica.
  DATOS RELATIVOS AO TELETRABALLO  ACUMULADO A 31 OUTUBRO 2014


Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.511
2734
3777

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
790
324
466

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
37
32
5

 

DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO  DENEGADAS. 31 OUTUBRO.  2014.


Flexibilidade automática
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
23
1
22

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
3
0
3

TELETRABALLO
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
49
23*
26

*Un dos postos relacionados como denegado foi posteriormente autorizado á persoa interesada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario