Desde o
Comité de Empresa da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, por acordo do Pleno celebrado o día 26 de novembro de 2014, esixen o
cesamento inmediato do Director do CAPD A CORUÑA, Constantino Modesto Piñeiro Cajete,
das súas funcións como tal.
Os motivos son múltiples e
variados, tendo como
consecuencia das súas accións e/ou omisións o descontento xeralizado da
plantilla, a posta en
perigos innecesarios tanto ós/ás traballadores/as, como ós/ás usuarios do CAPD
A CORUÑA (Centro de Atención a Persoas con Discapacidade A Coruña), do Colexio
de Educación Especial MARÍA MARIÑO, do Centro de Cualificacións Profesionais,
de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral de A Coruña) e todas aquelas persoas
que, por un motivo ou outro, acceden ás instalacións.
A súa incompetencia é manifesta, ó non ser quen (ou non querer) crear un
clima de traballo adecuado para presta-lo servizo de calidade que se lle
demanda a calquera servizo público. A organización do traballo xenérica e específica
de cada departamento é caótica debido á falta de coordinación e supervisión dos
responsables de cada un deles, creándose situacións que incumpren calquera
criterio mínimo de organización eficaz e eficiente.
Constantino Piñeiro Cajete non é
capaz de crear canles de comunicación nos que os traballadores transmitan a
súa experiencia práctica e o seu coñecemento da realidade do centro coa
finalidade que os responsables dos distintos departamentos poidan organizar e
prioriza-las áreas de traballo. Ben ó contrario, o obscurantismo é total, tanto
nos temas cotidianos como en situacións excepcionais e graves como a caída da
rampla hai breves datas ou os problemas que ocasionan no desenvolvemento do
traballo diario de avarías que nos últimos tempos se están a producir ou os
efectos dos reiterados temporais do inverno pasado.
O Director do CAPD A CORUÑA, lonxe
de cumplir e facer cumpli-la lexislación vixente en materia de dereitos e obrigas dos/as
traballadores/as, prevención de riscos laborais, conciliación da vida familiar
e laboral, fai caso omiso e incluso incumple mandatos de organismos da XUNTA DE
GALICIA, como é no caso do informe emitido polo Servizo de Prevención de Riscos
Laborais (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza).
O clima que se respira no CAPD A
CORUÑA é máis propio dunha ditadura medieval onde Constantino Piñeiro Cajete
implementou un sistema de “castas” entre os/as traballadores/as onde algún son os parias e
outros os señores feudais. Onde se fai a vista gorda cos horarios dalgúns e se
fai “recupéralo tempo” a outros, fóra da súa xornada laboral. Un réxime onde
exerce de Rei Supremo coa súa corte de Nobles, e todo isto coa connivencia da Xefa
Territorial Pilar Caridad Alonso.
Como consecuencia, os/as
traballadores/as viven nun clima onde son ninguneados, onde traballan a cegas, sen
responsables que lles digan as pautas a seguir tanto no traballo diario como en
situación excepcionais, onde non se conta coa súa experiencia e coñecemento directo
relativo ó seu traballo, onde o sistema de concesión de días de asuntos
particulares por exemplo é totalmente opaco e incompatible coa conciliación
laboral e familiar.
Por todo o anteriormente exposto, o Comité de
Empresa da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar ESIXE O CESE INMEDIATO DE
CONSTANTINO PIÑEIRO CAJETE COMO DIRECTOR DO CAPD A CORUÑA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario