
E tampouco se pode ir disfrazados e non se pode porque "podemos molestar". Iso é o que nos largou un axente da autoridade cando a comparsa da CIG tentou percorrer os corredores de San Caetano cantando unha perigosa panxoliña.

ate o de agora polo conxunto das empregadas e empregados públicos e non nos cremos nin as súas promesas nin nos conformamos coas súas esmolas, como se lle debésemos un favor, logo de todas as medidas que leva aplicando a Xunta de Galiza para destruír os Servizos Públicos.
Posteriormente, a comparsa da CIG dirixiuse á cafetaría da Xunta, xa que era o único sitio no que, teóricamente, nos deixaban repartir os billetes de protesta. Non entanto fumos capaces de botarlle unha peza ao pé da árbore de nadal que esta Xunta de Galiza, tan respectuosa con todos e todas aquelas que non comulgamos coa doctrina católica, ten exposto na entrada da Presidencia da Xunta.
A continuación reproducimos un extracto do escrito que lle presentamos ao presidente da Xunta:
Chega outro ano máis
o Nadal, vén a época de cobrar a extra e mentres na Administración Xeral do
Estado (coa que sempre nos compara vostede para o malo) das pagas extras só lle
quitaron aquela de Nadal de 2012, na Xunta (e vostede como principal
responsábel) deulles ademais por deixar de pagar as extras completas a partir
do 2013 mesmo con carácter retroactivo, o que acabou nunha morea de
reclamacións xudiciais.
Vostede ben o sabe
e por iso anunciou tralo Consello do 11 de decembro que porá enriba da mesa 350
millóns de € para recuperar progresivamente a paga extra de 2012 e as pagas
extras completas no 2018.

Non entanto, a
vostede importaralle pouco que sexan falsos, sabémolo, xa que a pesar de que,
tal e como ben di sempre, non é dos presidentes de comunidade autónoma que máis
cobra, vostede ten a casa pagada en
Monte Pío, ten o teléfono e a luz pagada, ten as viaxes, as comelladas, en fin,
vostede ten moitos gastos... pero todo pago. Pero iso si, polo ben de todos e
todas as galegas.

Vostede é un funcionario en excedencia, imaxinamos que estará ao tanto de todos os retrasos sobre os concursos e promocións internas que non sacan nunca, ou desa Lei de Medidas de 2012 que tiña unha previsión de dous anos e segue en vigor. A súa comprensión cos que somos os seus compañeiros e compañeiras é infinita...

Non máis, señor
presidente, simplemente lembrarlle que dende a CIG seguimos reivindicando as
pagas extras completas e a recuperación salarial e non nos esquecemos de
vostede.
POR UNS SERVIZOS PÚBLICOS, GALEGOS E DE CALIDADE
Moi boa comparsa, algún nin ten sentido do humor nin nada...
ResponderEliminar