Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 17 de decembro de 2014

A CIG repartirá a paga extra completa ao persoal da Xunta este xoves 18 de decembro

Cantaremos panxoliñas de Nadal en agradecemento a Feijóo.

Chega outro ano máis o Nadal, vén a época de cobrar a extra e xa comeza ser un clásico as panxoliñas de Nadal da CIG e a mordida de Feijóo nas nosas pagas extras. Mentres na Administración Xeral do Estado (co que sempre nos comparan para o malo) das pagas extras só lle quitaron aquela de Nadal de 2012, na Xunta deulles ademais por deixar de pagar as extras completas a partir do 2013 mesmo con carácter retroactivo, o que acabou nunha morea de reclamacións xudiciais.

Feijóo anunciou onte tralo Consello do 11 de decembro que porá enriba da mesa 350 millóns de € para recuperar progresivamente a paga extra de 2012 e as pagas extras completas no 2018.

Como o que fixo parécenos unha medida totalmente oportunista e populista de cara a galería electoral, faremos un acto ridiculista de reparto de billetes de 200€ para completar as nosas extras. Cremos que, ou seguimos mobilizándonos ou isto é todo o que imos recibir.

Por suposto, tamén lle trataremos de facer entrega ao Presidente da Xunta da súa parte de paga extra recortada porque sabemos que non é dos presidentes de comunidade autónoma que máis cobra e, a pesar de ter casa pagada en Monte Pío, ten moitos gastos.

Vémonos, este xoves, 18 de decembro, ás 11:30h ás portas do Rexistro de San Caetano.

Desde a CIG seguimos reivindicando as pagas extras completas e a recuperación salarial.


Ningún comentario:

Publicar un comentario