Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 22 de decembro de 2014

Resumo da 1ª xuntanza relativa á refundición de categorías profesionais do persoal laboral

O 19 de decembro tivo lugar a 1ª xuntanza relativa á refundición de categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galiza

Detectamos que os datos achegados por Función Pública están cheos de erros xa que en moitas das categorías nas que din que non hai persoal están ocupadas tanto por persoal temporal como por persoal fixo. A Administración recoñeceu os erros e instou á presentación de alegacións por escrito.

Desde a CIG solicitouse a convocatoria da comisión paritaria en función do estipulado no propio convenio en canto á modificación das categorías profesionais, así como ampliación do prazo para a realización do proceso con todas as garantías.

O director xeral de Función Pública informa do seguinte:

- A creación dun grupo de traballo formado por Función Pública e todas os sindicatos presentes no Comité Intercentros para abordar un traballo amplo de supresión, refundición e creación de novas categorías de persoal laboral. 

- Toda modificación das categorías será levada ao órgano correspondente (comisión paritaria, comité intercentros...) para a súa aprobación.

- Nunha 1ª fase traballaríase sobre as categorías actuais do V Convenio e nunha 2ª fase sobre o resto (persoal do parque das Illas Atlánticas, Consorcio, Turismo, etc)

- Amplía o prazo de alegacións ata o 22 de xaneiro. Arredor desa data haberá unha nova xuntanza para falar das categorías dos grupos I e II e posteriormente haberá outra xuntanza para falar do resto dos grupos.

- Neste grupo de traballo determinaríanse as categorías susceptibles de funcionarización e se fose posible intentaría abordarse un catálogo de funcións para as distintas categorías do convenio.

-Vindeira reunión, martes 23 de decembro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario