Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 22 de decembro de 2014

Xa temos dispoñible o novo texto da Lei de emprego público de Galiza

Un par de días despois de denunciar falta de transparencia nos últimos cambios acontecidos no texto da Lei de emprego público de Galiza, achega Función Pública o proxecto de lei que mandaron ao Parlamento. Seguimos sen descartar algún cambio non anunciado vía emenda parlamentar.

Efectivamente no texto veñen eses 3 cambios que xa vos anunciabamos, acordados unilateralmente polo Consello da Xunta do 11 de decembro: o fondo retributivo para recuperar as pagas extras (cuxa dotación está pendente de concretar nas leis de Orzamentos), a supresión do plus dos altos cargos e a exclusión das xefaturas de servizo como postos a cubrir con carácter xeral por libre designación. Destes cambios informará, a touro pasado, o director xeral da Función Pública nunha reunión o día 23 de decembro.

Se perdiches a lectura do que foi cambiando este anteproxecto de lei, bótalle un ollo porque neste ano que tardou en concretarse en proxecto matizaron moitos aspectos, a maioría en condicional, co xa clásico "poderán", o cal deixa moitas cousas a criterio do executivo ou da unidade correspondente


En canto aos prazos, non transmiten información de para cando. A idea que nos transmitiron cando se tratou na Mesa Xeral era mandalo ao Parlamento antes de finais de ano. Logo, a publicación no DOG dependerá do que o grupo maioritario na Cámara quera facelo demorar máis ou menos nas comisións pero podería estar nos 3 meses desde a súa chegada.

En calquera caso, desde que se aprobe e publique finalmente no DOG, entrará en vigor nun mes salvo o referente ás disposicións relativas á carreira horizontal do persoal funcionario de carreira e aos conceptos retributivos vinculados a ela que non producirán efectos entrementres non entren en vigor as normas regulamentarias que as desenvolvan.

Estamos diante dun texto técnicamente complexo: 211 artigos, 9 disposicións adicionais, 14 transitorias, 2 derrogatorias e 4 finais. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario