Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 15 de maio de 2015

Vindeiras convocatorias de procesos selectivos dos subgrupos A1 e A2 das Escalas de Finanzas

Seguimos co fervor de procesos selectivos na Xunta propio do ano eleitoral, cunhas pouquiñas prazas por aquí, outras pouquiñas por alá, e imos agora coas de Finanzas:

- Escala Superior de Fianzas, OPE 2012, 3 prazas (1 de promoción interna)
- Escala Técnica de Finanzas, OPE 2013, 8 prazas (2 de promoción interna)

A convocatoria está prevista para maio/xuño. De feito, o luns hai un sandwich mixto de Mesa Xeral e Comisión de Persoal para tratar estas convocatorias (a primeira ás 13:00 e a segunda ás 13:30h). Chegará un día que terminen xuntando estes dous órganos porque total, negociar, negociar, máis ben nada.

Descargar borradores

Resumo da dupla xuntanza

 

A CIG alegou que as convocatorias dos proceso selectivos da escala de Finanzas contemplasen un aumento do 50% das prazas de promoción interna, que se establecese unha nota de corte na convocatoria, para que non ocurra como en convocatorias anteriores onde deixaron desertas prazas, que a convocatoria contemple o sistema de concurso-oposición para as prazas de libre, que a EGAP elabore a totalidade do temario, que polo menos unha das probas se realice integramente en galego, que non se nomeen tribunais politizados, que se contemple unha reducción do temario, que se fixe tamén unha data orientativa para o primeiro exame, entre outras.

O único que acepta a Administración e fixar unha data orientativa pero aberta, que fixa en que o primeiro exame non se realizará antes do 1 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario