Chegan as eleccións, chega a recuperación e hai que ir convocando todo aquelo que quedara pendente. Achéganos Función Pública os borradores das convocatorias dos seguintes corpos xerais de persoal funcionario da Xunta:
- Corpo superior, subgrupo A1(15 prazas - 5 de promoción interna- OEP 2013)
- Corpo de xestión, subgrupo A2 (10 prazas -3 de promoción interna-, OEP 2013)
- Corpo administrativo, subgrupo C1 (20 prazas, OEP 2015)
- Corpo auxiliar, subgrupo C2 (44 prazas, OEP 2015)
Concédese un prazo para alegacións que rematará o 20 de maio de 2015 ás
15 horas. A previsión que nos deron, na reunión do venres da semana pasada, foi de convocalas en xuño pero coa
Xunta e os procesos selectivos nunca se sabe. De feito, no borrador non figura data prevista do primeiro exercicio de "non antes de" como no caso dos borradores de promoción interna separada.
Como punto máis destacado é que aumenta o número de temas e cambian os temarios de leis concretas por temas en xenérico como nos vellos tempos, .. como lle encanta a este Goberno "os vellos tempos".
Seguiremos informando.
Como punto máis destacado é que aumenta o número de temas e cambian os temarios de leis concretas por temas en xenérico como nos vellos tempos, .. como lle encanta a este Goberno "os vellos tempos".
Seguiremos informando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario