Desapareceu o plus de altos cargos, aínda que a nova Lei de Emprego Público de Galiza segue deixando a porta aberta ao que veña (artigo 168). De xeito contante e sonante xa temos aquí o artigo 169.3 que recoñece un plusiño onde non poderon recoñecer un plus.
Independentemente do posto ao que
reingresen, garánteselles ás persoas funcionarias que fosen altos cargos (e só
a elas) a percepción vitalicia dun complemento específico non inferior a un
nivel do último posto que viñeran ocupando. Xa
que logo, non é para retribuír as eventuais penalizacións na carreira
profesional, que vai no grao consolido, senón respecto ao último posto ocupado.
Este plusiño pode supoñer unha diferenza de ata 8.884€ /ano.
A Xunta comenta que este novo plus de altos cargos terá un alcance “residual”… precisamente, esa é a característica dos privilexios: que teñen un alcance residual. Algunha vantaxe tiña que ter o de ter sido alto cargo....
Descarga cartaz
Ningún comentario:
Publicar un comentario