Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 27 de maio de 2015

Presiona aos membros do europarlamento para que non vendan os nosos dereitos ás multinacionais

O pleno do Parlamento Europeo votará este informe na súa próxima sesión plenaria en Estrasburgo durante a semana do 8 de xuño

Durante as próximas semanas, o Parlamento Europeo decidirá a súa posición con respecto ao tratado comercial entre a UE e os EUA (a Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento, tamén coñecido como TTIP) que se está a negociar nestes momentos.

ACTUALIZACIÓN: O PP e o PSOE votan xuntos na Comsión para incluír unha blindaxe das multinacionais americanas que poderán evadir os sistemas xudiciais da UE.

Dentro do TTIP, os responsables de comercio europeos prevén conceder dereitos especiais aos investidores estranxeiros e, máis concretamente, a creación dun mecanismo de resolución de disputas Estado-investidor (ISDS, polas súas siglas en inglés). As dúas votacións que se realizarán dentro da Comisión de comercio e o Pleno constitúen oportunidades únicas para que o Parlamento Europeo envíe un sinal claro e inequívoco aos negociadores da UE para que o mecanismo de resolución de disputas Estado-investidor non se inclúa no TTIP. Presiona aos membros do Europarlamento.

É inaceptable conceder dereitos especiais aos investidores estranxeiros.

As negociacións do TTIP foron duramente criticadas por sindicatos, organizacións de consumidores, organizacións ecoloxistas, o sector sanitario e a sociedade civil polo impacto negativo que poden ter sobre os traballadores, os consumidores e o medio. Un motivo especial de preocupación é o mecanismo de resolución de disputas Estado-investidor, que poñería os dereitos dos investidores estranxeiros por diante dos do resto da sociedad.Este mecanismo permite que os investidores estranxeiros eludan os sistemas xudiciais nacionais e denuncien os estados a través de tribunais privados de arbitraxe.

Ademais, o ISDS permite que desafíen as leis, os regulamentos e as decisións dos tribunais se poden demostrar que reducen o valor do seu investimento (incluíndo os beneficios esperados), o que limita a capacidade das democracias de aprobar leis para protexer os dereitos humanos e laborais, a nosa saúde e o medio. Ademais, as arbitraxes terán lugar a porta pechada con árbitros privados (con ánimo de lucro), o que implica que non deben render contas publicamente polas súas accións e que teñen un interese comercial porque este sistema pernicioso siga vixente. Os únicos que se beneficiarán con este mecanismo serán os avogados que representan as empresas e os investidores que eluden as leis e regulamentacións.

Dende un punto de vista democrático, o ISDS é absolutamente inaceptable dado que concede máis dereitos de propiedade aos investidores estranxeiros e permítelles evitar os tribunais nacionais o que debilita os nosos sistemas legais. As reformas propostas para o ISDS non afondan nestes problemas fundamentais: os investidores estranxeiros seguirían tendo máis privilexios que o resto da sociedade.

Máis información sobre o ISDS - www.no2isds.eu/en/information

Pasa á acción: pídelle aos Membros do Parlamento Europeo que se opoñan tallantemente dicindo NON ao ISDS e que se unan á maioría dos cidadáns en contra o ISDS e os dereitos especiais para investidores estranxeiros.

Invítaos a avalar o texto seguinte:
Opóñome a que os investidores estranxeiros dispoñan de dereitos especiais e, concretamente, ao mecanismo de resolución de disputas do TTIP. Votarei en contra de calquera resolución que non rexeite de pleno a concesión de dereitos especiais aos investidores estranxeiros e o mecanismo de resolución de disputas Estado-investidores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario