O Goberno, e posteriormente o
grupo parlamentario popular insistiu en 4 frentes fundamentais: a
profesionalización, a supresión do plus dos altos cargos, a
conciliación da vida familiar e laboral e como non, a recuperación do
poder adquisitivo.
Sobre a profesionalización,
citan a avaliación do desempeño e o desenvolvemento da carreira
administrativa (ao redor desa avaliación). O problema é que ista
avaliación do desempeño vai ser totalmente subxectiva atendendo a
criterios tan pouco cuantificables como o "interese", "iniciativa" ou
"esforzo". Non houbo receptividade ningunha por parte da Xunta nin do
Parlamento a incluír algunha garantía a nivel legal da súa
obxectividade, da independencia do seu tribunal ou da contradición dos
informes. Queda o groso da materia a desenvolver vía regulamentaria nun prazo máximo de 3 anos. E
precisamente, mentres non se desenvolva este regulamento, entre outros,
tampouco o fará a nosa carreira profesional.
Sobre
a eliminación do plus dos altos cargos. Costou, pero ao final sacárono
da lei. Non era para menos, tendo en conta o contexto de recortes
sociais e a a presión mediática exercida sobre a corrupción e os
privilexios políticos que ía deixar ao executivo galego nunha evidencia
demasiado grande.
En todo caso, en vía parlamentar aproveitaron para meter un apartado no artigo 169.3 que podemos cualificar como "plusiño de altos cargos".
Independnetemente do posto ao que reingresen, garánteselles ás persoas
que fosen altos cargos (e só a elas) a percepción dun complemento
específico (agora complemento do posto de traballo) non inferior a un
nivel do último posto que viñeran ocupando. Algunha ventaxe tiña que ter o de ter sido alto cargo....
Sobre o fomento da vida familiar e laboral, fixéramos no seu momento unha nota específica
na que debullábamos que o que estaban facendo non era máis que recoller
o xa existente (e que en moitos casos non cumprían) ou lanzar botes de
fume de escaso impacto. En calquera caso, aínda que sexa aos poucos,
alegrámonos que suban o permiso de maternidade de 16 a 18 semanas,
porque na negociación do proxecto de lei nos responderon que eso non era
posible. Ás veces o imposible vólvese real...
Sobre a recuperación do poder adquisitivo
é moito dicir. Realmente o que recolle a lei (DT 12ª) é a recuperación
no 2015 (vía modificación da lei de Orzamentos) do 24% da paga extra de Nadal de 2012 e logo a creación dun fondo retributivo que se encherá
coas sucesivas leis de Orzamentos (dependerá destas) para recuperar o
100% desa paga extra de Nadal de 2012 e os complementos específicos nas
pagas extras ao longo dos próximos tres anos. Ollo, non fala de
recuperar os complementos deixados de percibir desde 2013. Tampouco
falan da diferenza que desde 2010 existe no soldo e trienios das pagas
extras con relación ao soldo e trienios dun mes normal ou o recorte do
5% para persoal laboral, nin por suposto de recuperar ningunha clase de
xuro ou desvío co IPC. Pero de que recuperación do poder adquisitivo falan?
Cremos
que falar de recuperación de poder adquisitivo neses termos é unha
falsidade. Porén, que imos agardar dun Goberno que incumpre un principio
inspirador da seguridade xurídica tan elemental como a
irretroactividade das normas non favorables e segue negándose a devolver a parte devengada da paga extra de 2013?
Ningún comentario:
Publicar un comentario