Como xa fixemos da última pagiña, a de xaneiro, vaivos unha folla de cálculo para ter unha idea máis exacta do que suporá e que deberían ingresarnos coa nómina de maio en dous epígrafes a parte (recuperación paga extra e recuperación paga adicional). Descargar folla de cálculo.
O aboamento será de oficio para o persoal que estea en activo, mentres que o persoal que non estea en situación de servizo activo a 1 de maio terá que facer unha solicitude dirixida ao órgano correspondente.
Como xa comentábamos, o 13 de maio publicábase o procedemento polo que as contías previstas na lei de orzamentos 2015 en concepto de recuperación das pagas extra e adicional de decembro de 2012 se amplían ata o 24,04 % dos importes efectivamente deixados de percibir. As ditas cantidades serán equivalentes á parte proporcional correspondente aos primeiros corenta e catro días das mencionadas pagas do mes de decembro de 2012. En resumo,

O persoal funcionario percibirá
- Paga extra: o equivalente a 22 días.
- Paga adicional do compl. específico: o equivalente a 37 días.
O laboral percibirá:
- Paga extra: o equivalente a 37 días.
- Paga adicional: o equivalente a 37 días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario