No BOE do 19 de maio publicáronse as convocatorias de accións formativas do INAP (Instituto Nacional de Administración Pública) para o segundo semestre do 2015. Hai cursos en modalidade presencial e tamén de teleformación.
Nestas accións formativas poden participar os empregados públicos pertencentes a corpos e escalas dos subgrupos A1, A2, C1 e C2, e o persoal laboral equivalente, que presten os seus servizos nas Administracións públicas.(*) .
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».(*)
(*) As accións formativas en materia de seguridade das tecnoloxías da información teñen destinatarios e prazos diferentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario